Cantigas de Santa Maria/CXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXVI


Esta é como Santa Maria guareceo un ome en elche da saeta que lle entrara pelos ossos
da faz.

De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.

Como sãou en Elche ha vez
Santa Maria, a Sennor de prez,
a un ome de chaga que lle fez
ha saet', onde cuidou fir.
De toda chaga ben pode guarir...

Ca a saeta ll' entrara assy
pelos ossos da faz, com' aprendi,
que non lla podian tirar dali
per maestria, nen y avir.
De toda chaga ben pode guarir...

E con taces a yan fillar,
mas per ren non lla podian tirar
nen con baesta que yan armar;
ca Deus non llo queria consentir
De toda chaga ben pode guarir...

Que guarisse, senon pola Sennor
nossa, ssa Madre. Poren sofredor
foi aquel ome de tan gran door,
de qual vos guarde Deus, se por ben vir.
De toda chaga ben pode guarir...

Pois viu aquel ome que ren valer
non lle podia que fosse fazer,
ben ant' o seu altar se fez trager
de Santa Maria, e repentir
De toda chaga ben pode guarir...

Se foi de seus pecados; e chorou
muito e mui ben se mãefestou
e Santa Maria muito chamou,
e logo o ferro lle fez sayr
De toda chaga ben pode guarir...

Sen door ela dos ossos da faz.
E esto viron omes assaz,
que a loaron, ca en ela jaz
mais de ben que podemos comedir.
De toda chaga ben poide guarir...