Cantigas de Santa Maria/CXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXVII


Esta é como Santa Maria non quis que entrasse na sa eigreja do Poe un mancebo que
dera a ssa madre un couce; e el, pois viu que non podia entrar, corto[u] o pee, e
depois sãou-[o] Santa Maria.

Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar,
que pois ela non llo aja [con] ben a galardõar.

E desto mui gran miragre vos direi que ha vez
a Virgen Santa Maria na eigreja do Poe fez
por un om' avizimao, que por seu siso rafez
con sa madre que avia bõa fora barallar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

E non catou o mesquynno como o troux' e pariu
dentr' en seu corpo sa madre, e do pee a feriu
mal; e muit' ela chorando enton mercee pediu
aa Virgen groriosa que del gran dereito dar
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

Lle quisesse daquel torto grand' e mui descomunal.
E a Virgen, de Deus Madre, que aos coitados val,
deu-ll' enton a el por esto de door un tan gran mal,
que log' en todas maneiras s' ouve de maenfestar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

E deron-ll' en pedença que fosse pedir perdon
en gollos a ssa madre e que lle pediss' en don
que ambos en romaria fossen fazer oraçon
aa eigreja daquela en que Deus foi encarnar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

E a madr' enton chorando tan toste lle perdõou
e d' iren en romaria de grado llo outorgou;
mais dentro na ssa eigreja sol entrar nono leixou
a Virgen Santa Maria, e ouv' enton a ficar
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

Fora, e entrou a madre. E a gente a veer
o veron e puxando o cuidaron y meter
per força; mais non poderon daquel logar o mover
que na eigreja entrasse, por ben que fossen puxar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

E os crerigos da see veron corrend' aly
e que sse mãefestasse lle disseron, com' oý.
El disse que o fezera; pois conssellaron assi
que o pe tallar mandasse e poderia entrar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

El, como quer que lle fosse esto de fazer mui greu,
por entrar ena eigreja da Virgen, com' aprix eu,
feze-o, e mantenente d'entrar y non lle foi greu;
mais sa madre, pois viu esto, começou de braadar,
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

Dizendo: «Santa Maria, Sennor, pois que vin a ti,
non queiras que o meu fillo sen pee vaa daqui.»
E tantas vezes diss' esto, que adormeceu aly
u sse jazia tenduda chorando ant' o altar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

E sonnou que a omagen lle diss'. «Aquesto farás:
filla o pee de teu fillo, e non esperes a cras,
mais pon-llo u x' ant' estava, e ta mão tragerás
sobr' ele eno meu nome, e eu farey-o sãar.»
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

A moller de sonnar esto ouv' ende mui gran sabor,
e pois espertou fez logo como ll' a bõa Sennor
mandara, e pos-ll' o pee en seu logar; e mellor
se juntou que ant' estava que o fezesse tallar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...

Quand' est' oyron as gentes, mui gran maravilla en
ouveron e ar loaron muito a que tanto ben
fez e nos faz cada dia, e os crerigos «amen»
responderon e os sinos mandaron todos sõar.
Non pod' ome pela Virgen tanta coita endurar...