Cantigas de Santa Maria/CXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXIX


Como Santa Maria guareceu un ome da saetada que lle deran pelo ollo.

De todo mal e de toda ferida
sãar pod' om' a de ben mui comprida.

Dest' a un ome que de Murvedr' era
mostrou a Virgen maravilla fera
da gran saetada que presera
en ha lide forte sen medida.
De todo mal e de toda ferida...

E a saeta assi ll' acertara
pelo ollo, que logo llo britara
e ben ate eno toutiço entrara,
de guisa que lle non põyan vida.
De todo mal e de toda ferida...

Mas ele pos sa alm' e sa fazenda
ena Virgen e deu-xe-ll' en comenda,
e a Salas prometeu offerenda
se el da chaga ouvesse guarida.
De todo mal e de toda ferida...

E logo mandou a saeta fora
tirar do ollo, e en essa ora
guariu de todo logo sen demora,
des que a saeta en foi sayda,
De todo mal e de toda ferida...

Que da saetada ren non sentia;
des i do ollo atan ben guaria
que ben com' ante vira del viia.
E pera Salas fez logo sa ida,
De todo mal e de toda ferida...

Loand' a Virgen santa groriosa,
Madre de Deus, Rea poderosa,
que o sãara come piadosa.
E esta cousa foi mui lonj' oyda
De todo mal e de toda ferida...

Pelas terras; e quantos lo souberon
a Santa Maria loores deron
de Salas, e mui gran sabor ouveron
de fazer log' a ela ssa vida.
De todo mal e de toda ferida...