Cantigas de Santa Maria/CXXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXIX


Como Santa Maria fez que falasse o Fillo que tia nos braços ao da bõa moller, que lle
disse: «papa!»

Maravillosos
e piadosos
e mui fremosos
miragres faz
Santa Maria,
a que nos guia
ben noit' e dia
e nos dá paz.

E dest' un miragre vos contar quero
que en Frandes aquesta Virgen fez,
Madre de Deus, maravillos' e fero
por ha dona que foi ha vez
a sa eigreja
desta que seja
por nos, e veja-
mo-la sa faz
no Parayso,
u Deus dar quiso
goyo e riso
a quen lle praz.
Maravillosos...

Aquesta dona levou un meno,
seu fillo, sigo, que en offreçon
deu aa Virgen, mui pequeno,
que de mal llo guardass' e d' oqueijon
e lle fezesse
per que dissesse
sempr' e soubesse
de ben assaz,
que, com' aprendo,
seu pan comendo
foi. Mui correndo
parou-ss' en az
Maravillosos...

Cabo do Fillo daquela omagen
e diss' o menynno: «Queres papar?»
Mais la figura da Virgen mui sagen
diss' a seu Fillo: «Di-lle sen tardar
que non ss' espante,
mais tigo jante
u sempre cant' e
aja solaz
e seja quito
do mui maldito
demo que scrito
é por malvaz.»
Maravillosos...

Quand' esto diss', a omagen de Cristo
respos ao menynno: «Paparás
cras mig' en Ceo; e pois que me visto
ouveres, senpre pois migo seerás
u ouças quanto
cada un santo
canta, que chanto
e mal desfaz.»
Esto comprido
foi, e transsido
o moç' e ydo
a Deus viaz.
Maravillosos...