Cantigas de Santa Maria/CXXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXVIII


Como San Joan Boca-d'Ouro, porque loava a Santa Maria, tiraron-ll' os [ollos] e foi
esterrado e deitado do patriarcado; e depois fez-lle Santa Maria aver ollos, e cobrou
per ela sa dinidade.

Quen a Santa Maria. de coraçon
rogar, oir-ll-á ela ssa oraçon.

Ca o que a de voontade rogar
e mui de coraçon en ela fiar,
se ll' algo pedir assi ou demandar,
dar-llo-á, que sol non lle dirá de non.
Quen a Santa Maria de coraçon...

E dest' un miragre, per com' eu oý,
dizer-vos quer' ora e contar aqui,
que Santa Maria fez, com' aprendi,
por Johan Boca-d'Ouro, nobre baron,
Quen a Santa Maria de coraçon...

Que disse muito ben dela e dos seus
feitos e de como foi Madre de Deus;
porend' os gentiis maos e encreus
sacaron-ll' os ollos a gran traiçon.
Quen a Santa Maria de coraçon...

E ar mandaron-lle que logo sair
se fosse da terr', e non leixaron ýr
null' ome con ele pera o servir,
mas deron-lle pouco pan e un bordon.
Quen a Santa Maria de coraçon...

Pois esto fezeron, fórono meter
eno camynno que devia ter;
e poi-lo leixaron, foi log' el torcer
e caeu en un mui gran silvar enton.
Quen a Santa Maria de coraçon...

El ali jazendo espinnado mal,
volvendo-sse dentro con coita mortal,
chamou log' a Reynna esperital,
a que chaman senpr' os que coitados son,
Quen a Santa Maria de coraçon...

Dizendo: «Sennor, e nenbre-te do teu
servo cegu' e pobre com' oge jasqu' eu;
mas tu, Sennor, cata o coraçon meu
e saca-m' ora desta maa prijon.»
Quen a Santa Maria de coraçon...

Pois esto dit' ouve, a do bon talan
chegou e tiró-o dali sen afan
e disse: «Se queres, logo veerán
teus ollos tan ben come outra sazon
Quen a Santa Maria de coraçon...

Viron, e ta dinidade averás,
e quanto perdiste todo cobrarás.»
Diss' el: «Sennor, ante mi tu mostrarás
o que mais teu Fillo, se el mi perdon,
Quen a Santa Maria de coraçon...

Amou eno mundo quand' en el naceu.»
Enton a Virgen d' ant' ele se tolleu;
mais aa outra noite ll' apareceu
con seu Fill' en braços, e viu en vijon
Quen a Santa Maria de coraçon...

Que pelas tetas, como meno faz,
tragia sas mãos come a quen praz
de mama-las; e pois mamava assaz,
beijava sa Madre polo galardon.
Quen a Santa Maria de coraçon...

Quand' esto foi, San Yoan enton cobrou
seus ollos e viu; e logo o chamou
a Virgen e disse: «Desto se pagou
meu Fillo mais d'al, e con mui gran razon;
Quen a Santa Maria de coraçon...

Ca estas tetas lo criaron tan ben
como a sa carne mui nobre conven;
e porende as amou mais d'outra ren,
porque destas tetas ouv' el criaçon.»
Quen a Santa Maria de coraçon...

Pois San Yoane tod' aquesto vyu,
o seu cobrou todo, que ren non faliu;
e depois, quando deste mundo sayu,
sa alma foi u é San Symeon.
Quen a Santa Maria de coraçon...