Cantigas de Santa Maria/CXXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXVII


Como Santa Maria fez seer casto a un cavaleiro que soya seer muy luxurioso.

Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.

E dest' un mui gran miragre direi que avo
a un cavaleiro que era seu, non allo,
desta Sennor groriosa; mas tant' era cho
de luxuria, que passava razon e maneira.
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

Ca pero muito fiava en Santa Maria
e loava os seus bes quanto mais podia,
o pecado de luxuri' assi o vencia
que o demo o levara, cousa é certeira,
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

Assi que nunca ja parte Deus en el ouvesse
nen ssa Madr', a Virgen santa, se lle non fezesse
ao demo força per que llo toller podesse.
Mais aquela que parindo Virgen foi enteira,
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

A que ss' ele noit' e dia sempr' acomendava
e que o daquel pecado tirasse rogava,
que o ben que el fazia todo desatava
e fazia sa promessa sempre mentireira.
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

Ca macar el prometia que nunca tornasse
en est' erro, muitas vezes, e se del quitasse,
o demo lle pois fazia que o non leixasse,
por mete-lo do inferno dentro na caldeira.
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

El en tal coita vivendo, a mui Groriosa,
entendendo que saude dest' era dultosa,
porque non perdess' sa alma, come piadosa
faz e come mui sisuda e come arteira.
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

Ca pois viu que do pecado nunca pedença
el tevera que lle dessen, meteu sa femença
en tira-lo del, en guisa que en descreença
non caesse pelo demo, que senpre mal cheyra
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

A pecad' e a mentira e a falssidade.
Poren sãou a Reynna de gran piadade
este cavaleir' e fez-lle ter castidade
por maneira muit' estranna e mui vertudeira.
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

E fez-lle que non perdess' ollos, pees nen mãos
nen outros nenbros do corpo, mais que fossen sãos;
mais se o metess' o demo en cuidados vãos
de pecado, que non podesse seer en tal feira;
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...

Ca pero que gran sabor ouvesse de quere-lo,
que per nulla maneira non podesse faze-lo.
Esto fez a Virgen santa pera sig' ave-lo,
ca de salvar os seus senpre é mui sabedeira.
Sempr' acha Santa Maria razon verdadeira...