Cantigas de Santa Maria/CXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXVI


Esta é como en terra de Pulla, en ha vila que á nome Foja, jogava ha moller os dados
con outras conpannas ant' ha eigreja; e porque perdeu, lançou ha pedra que déss' ao
Meno da omage de Santa Maria, e ela alçou o braço e recebeu o colbe.

Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.

Desto direi un miragre que a Groriosa
fez grand' en terra de Pulla come poderosa
sobr' un malfeito que fez ha moller astrosa,
por que prendeu poren morte a muy gran viltança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...

Esto na vila de Foja foi ant' ' eigreja
u estav' ha omage da que sempre seja
beita, feita de marmor, de mui gran sobeja
beldade, en que as gentes avian fiança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...

En essa vila, segund' eu aprix en verdade,
fillo do Emperador y era Rey Corrade;
de ssa conpanna jogavan ant' a Majestade
dados omees e molleres, com' é ssa usança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...

Ha moller aleimãa, tafur e sandia,
jogava y; e porque perdeu, tal felonia
lle creceu, que ao Fillo da omagen ya
corrend' e log' ha pedra por ssa malandança
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...

Lle lançou por eno rostro feri-lo Menynno.
Mais la Madr' alçou o braço logo mui festo,
e eno coved' a pedra fez-ll' un furadynno,
que lle pareceu por senpre por gran demostrança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...

Quand' aquesta maravilla foi al Rei contada,
logo foi por seu mandado a moller fillada,
des i per toda-las ruas da vila rastrada;
desta guisa a sa Madre quis Deus dar vingança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...

Des i el Rei a omagen ben guardar mandava,
e o pintor dessa vila toda a pintava;
mais o braço per niha ren non llo tornava
com' ant' era, ca non quis Deus por sinificança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança...