Cantigas de Santa Maria/LIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LIII: Como pod' a Groriosa


Como Santa Maria guareceu o moço pegureiro que levaron a seixon e lle fez saber o testamento das escrituras, macar nunca leera.

Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar,
assi aos que non saben | pode todo saber dar.

E de tal ja end' avo | un miragre que dizer
vos quer' ora, que a Virgen | quis grand' en Seixon fazer,
dun meno pegureiro, | a que os pees arder
começaron daquel fogo | que salvaj' ouço chamar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Seu padre del era morto; | mas ha pobre moller
sa madr' era que fiava | a lãa mui volonter,
per que ss' ambos governavan; | mas quen m'ascoitar quiser,
direi-ll' eu de com' a Virgen | quis no meno mostrar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Aquel fog' ao mininno | tan feramente coitou
que a per poucas dos pees | os dedos non lle queimou;
e a madre mui coitada | pera Seixon o levou
e chorando mui de rrijo, | o pos ben ant' o altar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Tod' essa noite vigia | tev'; e logo guareceu
o meno en tal guisa | que andou ben e correu,
des i foi-sse con ssa madre; | mas atal amor colleu
daquel logar ti sãara, | que sse quis log' y tornar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Depois a cabo dun ano | lle rogou que o ali
tornass', e non quis la madre; | e ele lle diss' assi:
«Se non quiserdes, o fogo | sei eu que verná a mi
e que vos pes m'averedes | eno col' a soportar.»
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Dizend' aquest' o meno, | o fog' en el salto deu,
e travou log' en sa madre, | dizendo: «Ay eu, ay eu!»
E ela o en seu colo | fillou, com' aprendi eu,
e a Seixon de caminno | começou toste d' andar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

E pois entrou na eigreja, | ant' o altar sen falir
e pos; e log' o meninno | se fillou ben a dormir,
e viu en vijon a Madre | de Deus, que o foi guarir,
e seu fillo Jeso-Cristo, | a que ela presentar
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

A alma en Parayso | foi dele. E alá vyu
que a Virgen a seu Fillo | mercee por el pediu
e por todo-los da terra | de Seixon, e ben sentiu
que por seu rogo do fogo | os quis Deus todos livrar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

E oyu mais que a Virgen | diss' a Deus esta razon:
«Fillo, esta mia capela | que é tan pobr' en Seixon,
fas tu que seja ben feita.» | E el lle respos enton:
«Madr', eu farei y as gentes | vir ben dalend' o mar
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

E de muitas outras terras, | que darán aver assaz,
ca todo quanto demandas | e queres, todo me praz;
e que eu faça teu rogo, | aquest' en dereito jaz,
ca fillo por bõa madre | fazer dev' o que mandar.»
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Quand' esto viu o meno | no Ceo, foi-lli tal ben
que quant' al depois viia | sol nono preçava ren;
ca o Espirito Santo | pos en el atan gran sen
que as Escrituras soube, | e latin mui ben falar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

E quanto no Testamento | Vedro e no Novo sé
escrito muy ben sabia, | e mui mais, per bõa fe;
e dizia aas gentes: | «De Santa Maria é
prazer que esta igreja | façades mui ben obrar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

E por que certos sejades | que tod' est' e mui mais sei,
mostrade-mi as Escrituras, | ca eu as espranarey;
demais, d' oj' a trinta dias | sabiades que morrerey,
ca a que me mostrou esto | me quer consigo levar.»
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...

Todos quantos est' oyron | deron graças e loor
aa Virgen groriosa, | Madre de Nostro Sennor;
e acharon en verdade | quanto diss' aquel pastor,
e começaron tan toste | na eigreja de lavrar.
Como pod' a Groriosa | mui ben enfermos sãar...