Cantigas de Santa Maria/LII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LII: Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer


Esta é como Santa Maria fez vir las cabras montesas a Montsarrat, e se leixavan ordennar aos monges cada dia.

Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer
a Santa Maria, de que Deus quis nacer.

E dest' un miragre, se Deus m' anpar,
mui fremoso vos quer' ora contar,
que quiso mui grand' a Groriosa mostrar;
oyde-mio, se ouçades prazer:
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...

En Monsarrat, de que vos ja contei,
á un' igreja, per quant' apres' ei,
feita no nome da Madre do alto Rei
que quis por nos morte na cruz prender.
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...

Aquel logar a pe dun mont' está
en que muitas cabras montesas á;
ond' estrãya maravilla avo ja,
ca foron todas ben juso decer.
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...

Ant' a eigreja qu' en un vale jaz,
e ant' a porta paravan-ss' en az
e estavan y todas mui quedas en paz,
ta que os monges las yan monger.
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...

E quatr' anos durou, segund' oý,
que os monges ouveron pera si
assaz de leite; que cada noite ali
vian as cabras esto fazer.
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...

Ates que un crerizon sandeu
furtou un cabrit' en e o comeu;
e das cabras depois assi lles conteceu
que nunca mais las poderon aver.
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...

E desta guisa a Madre de Deus
quis governar aqueles monges seus,
por que depois gran romaria de romeus
veron polo miragre saber.
Mui gran dereit' é d' as bestias obedecer...