Cantigas de Santa Maria/LI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LI: A Madre de Deus


Esta é como a omage de Santa Maria alçou o gollo e recebeu o colbe da saeta por guardar o que estava pos ela.

A Madre de Deus
devemos ter mui cara,
porque aos seus
sempre mui ben os ampara.

E desto vos contar quero | ha mui gran demostrança
que mostrou Santa Maria | en terra d'Orlens en França
al Con de Peiteus,
que un castelo cercara
e come judeus
a gent' en fillar cuidara.
A Madre de Deus...

Este castel' aquel conde | por al fillar non queria
senon pola gran requeza | que eno logar avia;
poren gran poder
de gent' ali assara
con que combater
o fez, e que o tomara,
A Madre de Deus...

Se non foss' os do castelo | que, pois se viron coitados,
que fillaron a omagen, | por seer mais anparados,
da Virgen enton,
Santa Maria, que para
mentes e que non
os seus nunca desanpara.
A Madre de Deus...

E logo sobela porta | do castelo a poseron
e, aorando-a, muito | chorand' assi lle disseron:
«Madre do Sennor
do mund', estrela mui crara,
sei defendedor
de nos, tu, altar e ara
A Madre de Deus

En que o corpo de Cristo | foi feito e conssagrado;
e porende te rogamos | que daqueste cond' irado
nos queras guardar,
e sei nossa acitara,
ca nos quer britar
con seus engos que para.»
A Madre de Deus...

Mantenente dos de fora | vo log' un baesteiro
e diss' a outro da vila, | que poseran por porteiro,
que pera guarir
da omagen s' escudara,
que vess' abrir
a porta que el serrara.
A Madre de Deus...

O de dentro respos logo | que non faria en nada;
e o de fora tan toste | ouv' a baesta armada
e tirou-ll' assi
que sen dulta o chagara.
Mais, com' aprendi,
un dos gollos alçara
A Madre de Deus...

A omagen atan alte | que chegou preto da teta,
por guarda-lo baesteiro, | e feriu-lli a saeta.
E ar aprix al,
que o de dentro tirara
en maneira tal
que o de fora matara.
A Madre de Deus...

Esta maravilla viron | os de dentr' e os da oste,
e outrossi fez el Conde; | e deceu a terra toste
dun cavalo seu,
en que enton cavalgara,
e come romeu
aprix que dentro entrara.
A Madre de Deus...

E os gollos ficados | aorou a magestade,
muito dos ollos chorando, | connocendo sa maldade;
e logo mandou
tornar quant' ali fillara,
e ssa ost' alçou
que sobr' a vila deitara.
A Madre de Deus...

Desto a Santa Maria | todos loores lle deron
e punnaron d 'a saeta | tirar, mas nunca poderon,
com' escrit' achey,
da perna u lla ficara
o que vos dit' ei
baesteiro que osmara
A Madre de Deus...

Mata-lo outro de dentro | que a omagen guardava;
e poren Santa Maria | tan gran pesar en mostrava,
que nunca per ren
achei que depois tornara
a perna, mas ten
na como quand' mudara.
A Madre de Deus...