Cantigas de Santa Maria/L

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga L: Non deve null' ome desto per ren dultar


Esta é de loor de Santa Maria, que mostra por que razon encarnou nostro sennor en ela.

Non deve null' ome desto per ren dultar
que Deus ena Virgen vo carne fillar.

E dultar non deve, por quanto vos direi,
porque, se non foss' esto, non viramos Rei
que corpos e almas nos julgass', eu o sei,
como Jeso-Cristo nos verrá joigar.
Non deve null' ome desto per ren dultar...

Nen d' outra maneira non viramos Deus,
nen amor con doo nunca dos feitos seus
ouveramos, se el non foss', amigos meus,
tal que nossos ollos o podessen catar.
Non deve null' ome desto per ren dultar...

Ca Deus en ssi mesmo ele mingua non á,
nen fame nen sede nen frio nunca ja,
nen door nen coyta; pois quen sse doerá
del, nen piadade averá nen pesar?
Non deve null' ome desto per ren dultar...

E poren dos ceos quis en terra decer
sen seer partido nen menguar seu poder;
e quis ena Virgen por nos carne prender,
e leixou-ss' encima, demais, por nos matar.
Non deve null' ome desto per ren dultar...

Onde come a Deus lle devemos amor
e come a Padre e nosso Criador,
e come a ome del coyta e door
avermos de quanto quis por nos endurar.
Non deve null' ome desto per ren dultar...

E a Santa Virgen, en que ss' el ensserrou,
de que prendeu carne e por madre fillou,
muit' amar devemos, ca per ela mostrou
todas estas cousas que vos fui ja contar.
Non deve null' ome desto per ren dultar...