Cantigas de Santa Maria/XLIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLIX: Ben com' aos que van per mar


Esta é de como Santa Maria guiou os romeus, que yan a sa eigreja a seixon e erraran o camo de noite.

Ben com' aos que van per mar
a estrela guia,
outrossi aos seus guiar
vai Santa Maria.

Ca ela nos vai demostrar
de como nos guardemos
do demo e de mal obrar,
e en como gãemos
o seu reyno que non á par,
que nos ja perdemos
per don' Eva, que foi errar
per sa gran folia.
Ben com' aos que van per mar...

E ar acorre-nos aqui
enas mui grandes coitas,
segund' eu sei ben e oý,
quaes avemos doitas;
ca muitos omees eu vi
e molleres moitas
a que el' acorreu assi
de noit' e de dia.
Ben com' aos que van per mar...

E, segund' eu oý dizer,
ha mui gran conpanna
de romeus ar foi guarecer
en ha gran montanna,
en que ss' ouveran de perder
con coita estranna,
porque lles foi escurecer
e perderon via.
Ben com' aos que van per mar...

E sen aquest' un med' atal
enos seus corações
avian mui fero mortal,
ca andavan ladrões
per y fazendo muito mal;
porend' orações
fezeron todos y sen al,
quis come sabia.
Ben com' aos que van per mar...

E chamand' a Madre de Deus,
com' é nosso costume,
que dos graves pecados seus
perdess' ela queixume;
e logo aqueles romeus
viron mui gran lume
e disseron: «Ai, Sennor, teus
somos todavía.»
Ben com' aos que van per mar...

E en aquel gran lum' enton
viron ha mui bela
moller de corp' e de faiçon,
e ben come donzela
lles pareceu; e pero non
siia en sela,
mas ta na mã' un baston
que resprandecia.
Ben com' aos que van per mar...

E poi-la donzela chegou,
todas essas montannas
do seu gran lum' alumou,
e logo as compannas
dereito a Seixon levou
e per muit' estrannas
terras en salvo os guiou
come quen podia.
Ben com' aos que van per mar...