Cantigas de Santa Maria/XLVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLVIII: Tanto son da Groriosa


Esta é como Santa Maria tolleu a agua da fonte ao cavaleiro, en cuja erdade estava, e a deu aos frades de Monssarrad a que a el queria vender.

Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos,
que fill' aos que an muyto | e dá aos menguadosos.

E daquest' un gran miragre | fez pouc' á en Catalonna
a Virgen Santa Maria, | que con Jeso-Cristo ponna
que no dia do joyzo | possamos ir sen vergonna
ant' el e que non vaamos | u yrán os soberviosos.
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

Monssarrat éste chamado | o logar u é a fonte
saborosa, grand' e crara, | que naç' encima dun monte,
que era dun cavaleiro; | e d'outra parte de fronte
avia un mõesteyro | de monges religiosos.
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

Mas en aquel mõesteiro | ponto d'agua non avia
se non quant' o cavaleiro | da fonte lles dar queria,
por que os monges lle davan | sa renta da abadia;
e quando lla non conprian, | eran dela perdidosos.
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

E demais, sobre tod' esto, | el assi os pennorava,
que quanto quer que achasse | do mõesteiro fillava;
e porend' aquel convento | en tan gran coita estava,
que non cantavan as oras | e andavan mui chorosos.
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

Os monges, porque sentian | a ssa casa mui menguada,
entre ssi acord' ouveron | de lle non daren en nada,
ca tian por sobervia | de bever agua conprada;
poren todos na eigreja | entraron muit' omildosos,
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

Dizend': «Ai Santa Maria, | a nossa coyta veede,
e con Deus, o vosso Fillo, | que todo pode, põede
que nos dé algun consello, | que non moiramos de sede,
veend' agua conos ollos | e seer en desejosos.»
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

Pois ssa oraçon fezeron, | a Sennor de piadade
fez que sse canbiou a fonte | ben dentro na sa erdade
dos monges, que ant' avian | da agua gran soidade,
e des alia adeante | foron dela avondosos.
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...

Pois que viu o cavaleiro | que ssa font' assi perdera
por prazer da Groriosa, | que lla aposto tollera,
deu a erdad' u estava | a fonte ond' el vendera
a agu' àquele convento, | onde pois foron viçosos.
Tanto son da Groriosa | seus feitos mui piadosos...