Cantigas de Santa Maria/XLVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLVII: Virgen Santa Maria


Esta é como Santa Maria guardou o monge, que o demo quis espantar por lo fazer perder.

Virgen Santa Maria,
guarda-nos, se te praz,
da gran sabedoria
que eno demo jaz.

Ca ele noit' e dia | punna de nos meter
per que façamos erro, | porque a Deus perder
ajamo-, lo teu Fillo, | que quis por nos sofrer
na cruz paxon e morte, | que ouvessemos paz.
Virgen Santa Maria...

E desto, meus amigos, | vos quer' ora contar
un miragre fremoso, | de que fix meu cantar,
como Santa Maria | foi un monge guardar
da tentaçon do demo, | a que do ben despraz.
Virgen Santa Maria...

Este mong' ordado | era, segund' oý,
muit', e mui ben sa orden | tia, com' aprendi;
mas o demo arteiro | o contorvou assy
que o fez na adega | bever do v' assaz.
Virgen Santa Maria...

Pero beved' estava | muit', o monge quis s' ir
dereit' aa eigreja; | mas o dem' a sair
en figura de touro | o foi, polo ferir
con seus cornos merjudos, | ben como touro faz.
Virgen Santa Maria...

Quand' esto viu o monge, | feramen s' espantou
e a Santa Maria | mui de rrijo chamou,
que ll' appareceu log' e | o tour' amaçou,
dizendo: «Vai ta via, | muit' es de mal solaz.»
Virgen Santa Maria...

Pois en figura d' ome | pareceu-ll' outra vez,
longu' e magr' e veloso | e negro come pez;
mas acorreu-lle logo | a Virgen de bon prez,
dizendo: «Fuge, mao, | mui peor que rapaz.»
Virgen Santa Maria...

Pois entrou na eigreja, | ar pareceu-ll' enton
o demo en figura | de mui bravo leon;
mas a Virgen mui santa | deu-lle con un baston,
dizendo: «Tol-t', astroso, | e logo te desfaz.»
Virgen Santa Maria...

Pois que Santa Maria | o seu mong' acorreu,
como vos ei ja dito, | e ll'o medo tolleu
do demo e do vinno, | con que era sandeu,
disse-ll': «Oy mais te guarda | e non sejas malvaz.»
Virgen Santa Maria...