Cantigas de Santa Maria/XLVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLVI: Porque ajan de seer


Esta é como a omagen de Santa Maria, que un mouro guardava en sa casa onrradamente, deitou leite das tetas.

Porque ajan de seer
seus miragres mais sabudos
da Virgen, deles fazer
vai ant' omees descreudos.

E dest' avo assi
como vos quero contar
dun mouro, com' aprendi,
que con ost' en Ultramar
grande foi, segund' oý,
por crischãos guerrejar
e roubar,
que non eran percebudos.
Porque ajan de seer...

Aquel mouro astragou
as terras u pod' entrar,
e todo quanto robou
feze-o sigo levar;
e mui ledo sse tornou
a ssa terra, e juntar
foi e dar
os roubos que ouv' avudos.
Porque ajan de seer...

Daquel aver que partiu
foi en pera ssi fillar
ha omagen que vyu
da Virgen que non á par;
e pois la muito cousyu,
feze-a logo alçar
e guardar
en panos d' ouro teçudos.
Porque ajan de seer...

E ameude veer
a ya muit' e catar;
pois fillava-ss' a dizer
ontre ssi e rezõar
que non podia creer
que Deus quisess' encarnar
nen tomar
carn' en moller. «E perdudos
Porque ajan de seer...

Son quantos lo creer van,»
diss' el, «ca non poss' osmar
que quisesse tal afan
prender Deus nen ss' abaxar,
que el que éste tan gran
se foss' en corp' ensserrar
nen andar
ontre poboos mudos,
Porque ajan de seer...

Como dizen que andou
pera o mundo salvar;
mas se de quant' el mostrou
foss' a mi que quer mostrar,
faria-me logo sou
crischão, sen detardar,
e crismar
con estes mouros barvudos.»
Porque ajan de seer...

Adur pod' esta razon
toda o mour' encimar,
quand' à omagen enton
viu duas tetas a par,
de viva carn' e d' al non,
que foron logo mãar
e deitar
leite come per canudos.
Porque ajan de seer...

Quand' esto viu, sen mentir,
começou muit' a chorar,
e un crerigo vir
fez, que o foi batiçar;
e pois desto, sen falir,
os seus crischãos tornar
fez, e ar
outros bes connosçudos.
Porque ajan de seer...