Cantigas de Santa Maria/XLV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLV: A Virgen Santa Maria


Esta é como Santa Maria gãou de seu fillo que fosse salvo o cavaleiro malfeitor que cuidou de fazer un mõesteiro e morreu ante que o fezesse.

A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piedade,
que ao peccador colle | por feito a voontade.

E desta guisa avo | pouc' á a un cavaleiro
fidalg' e rico sobejo, | mas era brav' e terreiro,
sobervios' e malcreente, | que sol por Deus un deiro
non dava, nen polos Santos, | esto sabed' en verdade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Aqueste de fazer dano | sempre ss' ende traballava,
e a todos seus vezos | feria e dostava;
sen esto os mõesteiros | e as igrejas britava,
que vergonna non avia | do prior nen do abade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

E todo seu cuidad' era | de destroir los mesqos
e de roubar os que yan | seguros pelos camos,
e per ren non perdõav' a | molleres nen a menos,
que ss' en todo non metesse | por de mui gran crueldade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

E esta vida fazendo, | tan brava e tan esquiva,
un dia meteu ben mentes | como sa alma cativa
era cha de pecados | e mui mais morta ca viva,
se mercee non ll' ouvesse | a comprida de bondade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

E, porque sempre os bõos | lle davan mui gran fazfeiro
do muito mal que fazia, | penssou que un mõesteiro
faria con bõa claustra, | igreja e cymiteiro,
estar e enfermaria, | e todo en ssa herdade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

E des i ar cuidou logo | de meter y gran convento
de monges, se el podesse, | ou cinquaenta ou cento;
e per que mui ben vivessen | lles daria conprimento,
e que por Santa Maria | servir seria y frade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Tod' aquesto foi cuidando | mentre siia comendo;
e poi-ll' alçaron a mesa, | foi catar logo correndo
logar en que o fezesse, | e achó-o, com' aprendo,
muit' apost' e mui viçoso, | u compris' ssa caridade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

En este coidad' estando | muit' aficad' e mui forte,
ante que o começasse, | door lo chegou a morte;
e os demões a alma | fillaron del en sa sorte,
mais los angeos chegaron | dizendo: «Estad', estade!
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Ca non quer Santa Maria | que a vos assi levedes.»
E disseron os diabos: | «Mais vos, que razon avedes
d' ave-la? Ca senpr' est' ome | fezo mal, como sabedes,
por que est' alma é nossa, | e allur outra buscade.»
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Os angeos responderon: | «Mais vos folia fezestes
en fillardes aquest' alma, | mao conssell' y ouvestes
e mui mal vos acharedes | de quanto a ja tevestes;
mais tornad' a vosso fogo | e nossa alma leixade.»
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Os diabos ar disseron: | «Esto per ren non faremos,
ca Deus é mui justiceiro, | e por esto ben sabemos
que esta alma fez obras por que a aver devemos
toda ben enteiramente, | sen terç' e sen meadade.»
A Virgen Santa Maria | tant é de gran piadade...

E un dos angeos disse: | «O que vos dig' entendede:
eu sobirei ao ceo, | e vos aqui mi atendede,
e o que Deus mandar desto, | vos enton esso fazede;
e oi mais non vos movades | nen faledes, mais calade.»
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Depois aquestas palavras | o angeo logo ss' ya
e contou aqueste feito | mui tost' a Santa Maria;
ela log' a Jeso-Cristo | aquela alma pidia,
dizend': «Ai, meu Fillo santo, | aquesta alma me dade.»
A Virgen Santa Maria | tant' e de gran piadade...

E ele lle respondia: | «Mia Madr', o que vos quiserdes
ei eu de fazer sen falla, | pois vos en sabor ouverdes;
mais torn' a alma no corpo, | se o vos por ben teverdes,
e faça o mõesteyro, | u viva en omildade.»
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

E pois Deus est' ouve dito, | un pano branco tomava,
feito ben come cogula, | que ao angeo dava,
e sobela alma logo | o pano deitar mandava,
porque a leixass' o demo | comprido de falssidade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Tornou-ss' o angeo logo; | e atan toste que viron
os diabos a cogula, | todos ant' ela fugiron;
e os angeos correndo | pos eles mal los feriron,
dizendo: «Assi perdestes | o ceo per neycidade.»
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Pois que ss' assi os diabos | foron dali escarnidos
e maltreitos feramente, | dostados e feridos,
foron pera seu iferno, | dando grandes apelidos,
dizendo aos diabos: | «Varões, oviad', oviade.»
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...

Os angeos depos esto | aquela alma fillaron,
e cantando «Surgat Deus» | eno corpo a tornaron
daquel cavaleiro morto, | e vivo o levantaron;
e fezo seu mõesteiro, | u viveu en castidade.
A Virgen Santa Maria | tant' é de gran piadade...