Cantigas de Santa Maria/XLIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XLIV: Quen fiar na Madre do Salvador


Esta é como o cavaleiro que perdera seu açor foy-o pedir a Santa Maria de salas; e estando na eigreja, posou-lle na mão.

Quen fiar na Madre do Salvador
non perderá ren de quanto seu for.

Quen fiar en ela de coraçon,
averrá-lle com' a un ifançon
avo eno reino d' Aragon,
que perdeu a caça un seu açor,
Quen fiar na Madre do Salvador...

Que grand' e mui fremos' era, e ren
non achava que non fillasse ben
de qual prijon açor fillar conven,
d' ave pequena tro ena mayor.
Quen fiar na Madre do Salvador...

E daquest' o ifançon gran pesar
avia de que o non pod' achar,
e porende o fez apregõar
pela terra toda en derredor.
Quen fiar na Madre do Salvador...

E pois que por esto nono achou,
pera Salas seu camo fillou
e de cera semellança levou
de ssa av', e diss' assi: «Ai, Sennor
Quen fiar na Madre do Salvador...

Santa Maria, eu venno a ti
con coita de meu açor que perdi,
que mio cobres; e tu fas-lo assi,
e aver-m-ás sempre por servidor.
Quen fiar na Madre do Salvador...

E demais esta cera ti darei
en sa figura, e sempr' andarei
pregõando teu nome e direi
como dos Santos tu es la mellor.»
Quen fiar na Madre do Salvador...

Pois esto disse, missa foi oyr
mui cantada; mas ante que partir
s' en quisesse, fez-ll' o açor vir
Santa Maria, ond' ouv' el sabor.
Quen fiar na Madre do Salvador...

E que ouvess' end' el mayor prazer,
fez-ll' o açor ena mão decer,
come se ouvesse log' a prender
caça con el como faz caçador.
Quen fiar na Madre do Salvador...

E el enton muit' a Madre de Deus
loou, e chorando dos ollos seus,
dizend': «Ai, Sennor, tantos son os teus
bes que fazes a quen ás amor!»
Quen fiar na Madre do Salvador...