Cantigas de Santa Maria/LV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LV: Atant é' Santa Maria


Esta é como Santa Maria serviu pola monja que se fora do mõesteyro e lli criou o fillo que fezera alá andando.

Atant é' Santa Maria | de toda bondade bõa,
que mui d' anvidos s' assanna | e mui de grado perdõa.

Desto direi un miragre | que quis mostrar en Espanna
a Virgen Santa Maria, | piadosa e sen sanna,
por ha monja, que fora | fillar vida d' avol manna
fora de seu mõesteiro | con un preste de corõa.
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Esta dona mais amava | d'outra ren Santa Maria,
e porend' en todo tempo | sempre sas oras dizia
mui ben e conpridamente, | que en elas non falia
de dizer prima e terça, | sesta, vesperas e nõa.
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Compretas e madodinnos | ben ant' a ssa majestade.
Mais o demo, que sse paga | pouco de virgidade,
fez, como vos eu ja dixe, | que sse foi con un abade,
que a por amiga teve | un mui gran tenp' en Lisbõa.
Atant' e Santa Maria de toda bondade bõa...

Ambos assi esteveron | ta que ela foi prennada;
enton o crerig' astroso | leixou-a desanparada,
e ela tornou-sse logo | vergonnosa e coitada,
andando senpre de noite, | come sse fosse ladrõa.
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

E foi ao mõesteiro | ali onde sse partira,
e falou-ll' a abadessa, | que a nunca mos vira
ben des que do mõesteiro | sen ssa lecença sayra,
dizendo: «Por Deus, mia filla, | logo aa terça sõa.»
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

E ela foi fazer logo | aquelo que lle mandava;
mas de que a non achavan | mos sse maravillava,
e dest' a Santa Maria | chorando loores dava,
dizendo: «Beita eras, | dos pecadores padrõa.»
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Estas loores e outras | a Santa Maria dando
muitas de noit' e de dia, | fois-sse-ll' o tenpo chegando
que avia d'aver fillo; | e enton sse foi chorando
pera a ssa majestade, | e como quen sse razõa
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Con sennor, assi dizia, | chorando mui feramente:
«Mia Sennor, eu a ti venno | como moller que se sente
de grand' erro que á feito; | mas, Sennor, venna-ch' a mente
se che fiz algun serviço, | e guarda-me mia pessõa
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Que non cáia en vergonna, | Sennor, e alma me guarda
que a non lev' o diablo | nen eno inferno arda.
Esto con medo cho peço, | ca eu sõo mui covarda
de por nulla ren rogar-te, | mas peço-ch' esto por dõa.»
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Quand' ela est' ouve dito, | chegou a Santa Rea
e ena coita da dona | pos logo ssa meezynna,
e a un angeo disse: | «Tira-ll' aquel fill' agynna
do corp' e criar-llo manda | de pan, mais non de borõa.»
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Foi-ss' enton Santa Maria, | e a monja ficou sãa;
e cuidou achar seu fillo, | mais en seu cuidar foi vãa,
ca o non viu por gran tempo, | senon quand' era ja cãa,
e por el foi mas coitada | que por seu fill' é leõa.
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Mais depois assi ll' avo | que, u vesperas dizendo
estavan todas no coro | e ben cantand' e leendo,
viron entrar y un moço | mui fremoso correndo,
e cuidaron que fill' era | d' infançon e d' infançõa.
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

E pois entrou eno coro, | en mui bõa voz e crara
começou: «Salve Regina», | assi como lle mandara
a Virgen Santa Maria | que o gran tenpo criara,
que aos que ela ama | por ll' errar non abaldõa.
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

A monja logo tan toste | connoceu que seu fill' era,
e el que era ssa madre; | e a maravilla fera
foi enton ela mui leda | poi-ll' el diss' onde vera,
dizendo: «Tornar-me quero, | e leixade-m' yr, varõa.»
Atant' é Santa Maria | de toda bondade bõa...

Mantenent' aqueste feito | soube todo o convento,
que eran y ajuntadas | de monjas mui mais ca cento,
e loaron muit' a Virgen | por aqueste cousimento
que fezera, cujos feitos | todo o mund' apregõa.
Atant' é Santa Maria | detoda bondade bõa...