Cantigas de Santa Maria/LVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LVI: Gran dereit' é de seer


Esta é como Santa Maria fez nacer as cinco rosas na boca do monge depos ssa morte,

polos cinco salmos que dizia a onrra das cinco leteras que á no seu nome.

Gran dereit' é de seer
seu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nos Deus grorioso.

Poren quero retraer
un miragre que oý,
ond' averedes prazer
oyndo-o outrossi,
per que podedes saber
o gran ben, com' aprendi,
que a Virgen foi fazer
a un bon religioso.
Gran dereit' é de seer...

Este sabia leer
pouco, com' oý contar,
mas sabia ben querer
a Virgen que non á par;
e poren foi compõer
cinque salmos e juntar,
por en ssa loor crecer,
de que era desejoso.
Gran dereit' é de seer...

Dos salmos foi escoller
cinque por esta razon
e de ssu os põer
por cinque letras que son
en Maria, por prender
dela pois tal galardon,
per que podesse veer
o seu Fillo piadoso.
Gran dereit' é de seer...

Quen catar e revolver
estes salmos, achará
«Magnificat» y jazer,
e «Ad Dominum» y á,
e cabo del «In conver-
tendo» e «Ad te» está,
e pois «Retribue ser-
vo tuo» muit' omildoso.
Gran dereit' é de seer...

Pera ben de Deus aver,
ond' aquestes, sen falir,
salmos sempr' ya dizer
cada dia, sen mentir,
ant' o altar e tender
se todo e repentir
do que fora merecer
quand' era fol e astroso.
Gran dereit' é de seer...

Est' uso foi manter
mentre no mundo viveu;
mas pois, quand' ouv' a morrer,
na boca ll' apareceu
rosal, que viron ter
cinque rosas, e creceu
porque fora beizer
a Madre do Poderoso.
Gran dereit' é de seer...