Cantigas de Santa Maria/LVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LVII: Mui grandes noit' e dia


Esta é como Santa Maria fez guareçer os ladrões que foran tolleitos porque roubaran a
dona e ssa conpanna que yan en romaria a Monsarrat.

Mui grandes noit' e dia
devemos dar porende
nos a Santa Maria
graças, porque defende
os seus de dano
e sen engano
en salvo os guia.

E daquesto queremos
un miragre preçado
dizer, porque sabemos
que será ascuitado
dos que a Virgen santa
aman, porque quebranta
sempr' aos soberviosos
e os bõas avanta
e dá-les siso
e Parayso
con tod' alegria.
Mui grandes noit' e dia...

En Monsarrat vertude
fez, que muy longe sõa,
a Virgen, se mi ajude
ela, por ha bõa
dona que na montanna
d' i muy grand' e estranna
deçeu a hua fonte
con toda sa companna,
por y jantaren,
des i folgaren
e yren sa via.
Mui grandes noit' e dia...

U seyan comendo
cabo daquela fonte,
a eles muy correndo
sayu ben desse monte
Reimund', un cavaleiro
roubador e guerreiro,
que de quanto tragian
non lles leyxou dinneiro
que non roubasse
e non fillase
con sa compannia.
Mui grandes noit' e dia...

A dona mantenente,
logo que foy roubada,
foi-ss' ende con sa gente
muy trist' e muy coitada;
a Monsarrat aginna
chegou essa mesquinna,
dando grandes braados:
«Virgen santa, Reynna,
dá-me vingança,
ca pris viltança
en ta romaria.»
Mui grandes noit' e dia...

E os frades sayron
aas vozes que dava;
e quand' esto oyron,
o prior cavalgava
corrend' e foi muy toste,
e passou un recoste
e viu cabo da fonte
de ladrões grand' hoste
jazer maltreitos,
cegos, contreitos,
que un non s' ergia.
Mui grandes noit' e dia...

Entr' esses roubadores
viu jazer un vilão
desses mais malfeitores,
ha perna na mão
de galinna, freame
que sacara con fame
enton d' enpãada,
que so un seu çurame
comer quisera;
mais non podera,
ca Deus non queria.
Mui grandes noit' e dia...

Ca se ll' atravessara
ben des aquela ora
u a comer cuidara,
que dentro nen afora
non podia saca-la,
nen comer nen passa-la;
demais jazia çego
e ar mudo sen fala
e muy maltreito
por aquel preito,
ca xo mereçia.
Mui grandes noit' e dia...

O prior e seus frades,
pois que assi acharon
treitos por sas maldades
os ladrões, mandaron
que logo d' i levados
fossen, atravessados
en bestias que trouxeran,
ant' o altar deitados
que y morressen,
ou guareçessen
se a Deus prazia.
Mui grandes noit' e dia...

E pois que os ladrões
ant' o altar trouxeron,
por eles orações
e pregairas fezeron.
E log' ouveron sãos
ollos, pees e mãos;
e porende juraron
que nunca a crischãos
jamais roubassen,
e se quitassen
daquela folia.
Mui grandes noit' e dia...