Cantigas de Santa Maria/LXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXIII: Quen ben serv' a Madre do que quis morrer


Como Santa Maria sacou de vergonna a un cavaleiro que ouver' a seer ena lide en Sant' Estevan de Gormaz, ve que non pod' y seer polas suas tres missas que oyu.

Quen ben serv' a Madre do que quis mor[r]er
por nos, nunca pod' en vergonna caer.

Dest' un gran miragre vos quero contar
que Santa Maria fez, se Deus m'anpar,
por hun cavaleiro a que foi guardar
de mui gran vergonna que cuidou prender.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Este cavaleiro, per quant' aprendi,
franqu' e ardid' era, que bes ali
u ele morava nen redor dessi
d'armas non podian outro tal saber.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

E de bõos costumes avia assaz
e nunca con mouros quiso aver paz;
porend' en Sant' Estevão de Gormaz
entrou, quand' Almançor a cuidou aver,
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Con el conde don Garcia, que enton
tya o logar en aquela sazon,
que era bon om' e d'atal coraçon
que aos mouros se fazia temer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Este conde de Castela foi sennor
e ouve gran guerra con rei Almançor,
que Sant' Estevão tod' a derredor
lle vo çercar, cuidando-lla toller.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Mais el conde defendia-sse mui ben,
ca era ardido e de mui bon sen;
e poren do seu non lle leixava ren,
mais ya-os mui de rrijo cometer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Mais o cavaleiro de que vos faley
tanto fez y d'armas, per quant' end' eu sei,
que non ouv' y lide nen mui bon torney
u se non fezesse por bõo ter.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

E avo-ll' un dia que quis sayr
con el conde por na hoste ir ferir
dos mouros; mais ante foi missa oir,
como cada dia soya fazer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Pois foi na ygreja, ben se repentiu
dos seus pecados e a missa oyu
de Santa Maria, que ren non faliu,
e outras duas que y foron dizer,
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Que da Reynna eran espirital.
Mais un seu escudeiro o trouxe mal
dizendo: «Quen en tal torneyo non sal
com' aqueste, nunca dev' apareçer.»
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Por nulla ren que lle dissess' aquel seu
escudeiro, ele nulla ren non deu,
mais a Santa Maria diz: «Sõo teu,
e tol-me vergonna, ca ás en poder.»
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

As missas oydas, logo cavalgou
e ena carreira o conde achou,
que ll' o braço destro no colo deitou
dizend': «En bon ponto vos fui connocer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Ca se vos non fossedes, juro par Deus
que vençudos foramos eu e os meus;
mais tantos matastes vos dos mouros seus
del rei Almançor, que ss' ouv' a recreer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

E tanto fezestes por gãardes prez,
que ja cavaleiro nunca tanto fez
nen soffreu en armas com' aquesta vez
soffrer fostes vos polos mouros vençer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Mas rogo-vos, porque vos é mui mester,
que de vossas chagas pensedes, senner;
e eu ey un meje dos de Monpisler
que vos pode çedo delas guareçer.»
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Disse-ll' est' el conde, e mui mais ca tres
lle disseron aquesta razon medes;
e el deles todos tal vergonna pres
que con vergonna se cuidou ir perder.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Mais pois que sas armas viu e couseçeu
que feridas eran, logo connosçeu
que miragre fora, ca ben entendeu
que d'outra guisa non podia seer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...

Pois est' entendudo ouve, ben foi fis
que Santa Maria leixa-lo non quis
caer en vergonna; e maravidis
e outras offrendas lle foi offreçer.
Quen ben serv' a Madre do que quis morrer...