Cantigas de Santa Maria/LXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXII: Santa Maria sempr' os seus ajuda


Como Santa Maria deu fillo a ha bõa dona que deitara en pennor, e creçera a usura tanto que o non podia quitar.

Santa Maria sempr' os seus ajuda
e os acorr' a gran coita sabuda.

A qual acorreu ja ha vegada
a ha dona de França coitada,
que por fazer ben tant' endevedada
foi que sa erdad' ouvera perduda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...

Se non fosse pola Virgen Maria
que a acorreu, todo quant' avia
perdud' ouvera; que ja non podia
usura soffrer, tant' era creçuda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...

E macar a dona de gran linnage
era, non quiseron dela menage
seus devedores; mais deu-lles en gage
seu fill', onde foi pois mui repentuda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...

Ca daquesto pois pres mui gran quebranto,
porque a usura lle creceu atanto
que a non podia pagar por quanto
avia, se d' al non foss' acorruda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...

E porque achar non pode consello
nos que fiava, porend' a conçello
non ousou sayr, mas ao Espello
das Virges foi ben come sisuda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...

E de coraçon que a acorresse
lle rogou enton, como non perdesse
seu fill' en prijon, mais que llo rendesse.
E ssa demanda lle foi ben cabuda;
Santa Maria senpr' os seus ajuda...

Ca ben como se lle ouvesse dito
Santa Maria: «vai, e dar-ch-ey quito
teu fillo do usureiro maldito»,
assi foi ela led' e atrevuda.
Santa Maria senpr' os seus ajuda...

E cavalgou logo sen demorança
e foi a seu fillo con esperança,
e viu-o estar u fazian dança
a gente da vila, qu' esteve muda,
Santa Maria senpr' os seus ajuda...

Que non disse nada quand' o chamava:
«ven acá, meu fillo», e poi-lo deitava
depos si na bestia que o levava
per meya a vila, de todos viuda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...

Que sol non disseron: «Dona, onde ves?»
nen «de que o levas, gran torto nos tes.»
Esto fez a Virgen que ja outros bes
fez e senpre faz, ca dest' é tuda.
Santa Maria sempr' os seus ajuda...