Cantigas de Santa Maria/LXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXI: Fol é o que cuida que non poderia


Como Santa Maria guareçeu ao que xe lle torçera a boca porque descreera en ela.

Fol é o que cuida que non poderia
faze-lo que quisesse Santa Maria.

Dest' un miragre vos direi que avo
en Seixons, ond' un livro á todo cho
de miragres ben d' i, ca d'allur non vo,
que a Madre de Deus mostra noit' e dia.
Fol é o que cuida que non poderia...

En aquel mõesteir' á ha çapata
que foi da Virgen por que o mundo cata,
por que diss' un vilão de gran barata
que aquesto per ren ele non creya.
Fol é o que cuida que non poderia...

Diss' el: «Ca de o creer non é guisada
cousa; pois que tan gran sazon é passada,
de seer a çapata tan ben guardada
que ja podre non foss', esto non seria.»
Fol é o que cuida que non poderia...

Esto dizend' ya per ha carreyra
ele e outros quatro a ha feyra;
e torceu-xe-ll' a boca en tal maneira
que quen quer que o visse espantar-s-ia.
Fol é o que cuida que non poderia...

E tal door avia que ben cuidava
que ll' os ollos fora da testa deitava,
e con esta coita logo se tornava
u a çapata era en romaria.
Fol é o que cuida que non poderia...

E logo que chegou deitou-se tendudo
ant' o altar en terra como perdudo,
repentindo-se de que for' atrevudo
en sol ousar dizer atan gran folia.
Fol é o que cuida que non poderia...

Enton a abadessa do mõesteyro
lle trouxe a çapata por seu fazfeiro
pelo rostro, e tornou-llo tan enteiro
e tan são ben como xo ant' avia.
Fol é o que cuida que non poderia...

Poi-lo vilão se sentiu ben guarido,
do sennor de que era foi espedido,
e ao mõesteiro logo vido
foi, e dali sergent' é pois todavia.
Fol é o que cuida que non poderia...