Cantigas de Santa Maria/LX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LX: Entre Av' e Eva


Esta é de loor de Santa Maria, do departimento que á entre Ave e Eva.

Entre Av' e Eva
gran departiment' á.

Ca Eva nos tolleu
o Parays' e Deus,
Ave nos y meteu;
porend', amigos meus:
Entre Av' e Eva...

Eva nos foi deitar
do dem' en sa prijon,
e Ave en sacar;
e por esta razon:
Entre Av' e Eva...

Eva nos fez perder
amor de Deus e ben,
e pois Ave aver
no-lo fez; e poren:
Entre Av' e Eva...

Eva nos ensserrou
os çeos sen chave,
e Maria britou
as portas per Ave.
Entre Av' e Eva...