Cantigas de Santa Maria/LIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LIX: Quena Virgen ben servir


Como o crucifisso deu a palmada a onrra de sa madre aa monja de fontebrar que posera de ss' ir con seu entendedor.

Quena Virgen ben servir
nunca poderá falir.

E daquesto un gran feito
dun miragre vos direi
que fez mui fremos' afeito
a Madre do alto Rey,
per com' eu escrit' achey,
se me quiserdes oyr.
Quena Virgen ben servir...

Esto foi da donzela
que era en Fontebrar
monja, fremosa e bela,
que a Virgen muit' amar
sabia, se Deus m' anpar.
Mais quis da orden sayr
Quena Virgen ben servir...

Con un cavaleir' aposto
e fremos' e de bon prez,
e non catou seu dosto,
mais como moller rafez
quisiera ss' ir dessa vez.
Mais nona quis leixar ir
Quena Virgen ben servir...

A Virgen Santa Maria,
a que mui de coraçon
saudava noit' e dia
cada que sa oraçon
fazia, e log' enton
ya beyjar, sen mentir,
Quena Virgen ben servir...

Os pees da majestade
e dun crucifiss' assi,
que y de gran santidade
avia, com' aprendi.
E pois s' ergia dali,
ya as portas abrir.
Quena Virgen ben servir...

Da ygreg', e sancristãa
era, com' oý dizer,
do logar, e a campãa
se fillava a tanger
por s' o convento erger
e a sas oras vir.
Quena Virgen ben servir...

Fazend' assi seu offiço,
mui gran tenp' aquest' usou,
ates que o proviço
a fez que se namorou
do cavaleir', e punnou
de seu talante comprir.
Quena Virgen ben servir...

E porend' ha vegada
a meya noite s' ergeu
e, com' era costumada,
na ygreja se meteu
e à omagen correu
por se dela espedir.
Quena Virgen ben servir...

E ficando os gollos,
disse: «Con graça, Sennor.»
Mas chorou logo dos ollos
a Madre do Salvador,
en tal que a pecador
se quisesse repentir.
Quena Virgen ben servir...

Enton s' ergeu a mesquinna
por s' ir log' ante da luz;
mas o crucifiss' aginna
tirou a mão da cruz
e, com' ome que aduz,
de rrijo a foi ferir.
Quena Virgen ben servir...

E ben cabo da orella
lle deu orellada tal
que do cravo a semella
teve sempre por sinal,
por que non fezesse mal
nen s' assi foss' escarnir.
Quena Virgen ben servir...

Desta guisa come morta
jouve tolleita sen sen,
trões o convent' a porta
britou; e espantou-s' en
quand' ela lles contou quen
a feriu pola partir
Quena Virgen ben servir...

Do grand' erro que quisera
fazer, mais que non quis Deus
nena sa Madre, que fera
mente quer guarda-los seus,
segun Lucas e Matheus
e os outros escrivir
Quena Virgen ben servir...

Foron. Porend' o convento
se pararon log' en az,
u avia mil e çento
donas, todas faz a faz,
e cantando ben assaz
est' a Deus foron graçir.
Quena Virgen ben servir...