Cantigas de Santa Maria/LXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXIX: Santa Maria os enfermos sãa


Como Santa Maria fez oyr e falar o que era sordo e mudo, en Toledo.

Santa Maria os enfermos sãa
e os sãos tira de via vãa.

Dest' un miragre quero contar ora,
que dos outros non deve seer fora,
que Santa Maria, que por nos ora,
grande fez na cidade toledãa,
Santa Maria os enfermos sãa...

Seend' y o Emperador d' Espanna
e d' omes onrrados gran conpanna
con el, e cavalaria tamanna
que dentro non cabian ne-na chãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

Ali enton un monje foi vudo
que del Cond don Ponç' era connoçudo,
e troux' un seu yrmão sord' e mudo
que chamavan Pedro de Solarãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

Aqueste non falava nen oya,
mais per sinas todo ben entendia
o que lle mandavan, e o fazia,
ca non vos avia el outr' açãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

E pero non oya nen falava,
en Santa Maria muito fiava,
e chorand' e mugindo lle rogava
que o sãasse. E ha mannãa
Santa Maria os enfermos sãa...

Ll' aveo que foi perant' a ygreja
e viu dentro claridade sobeja,
e entre ssi disse: «Se Deus me veja,
esta claridade non é humãa.»
Santa Maria os enfermos sãa...

Pois isto viu un ome mui fremoso,
vestido ben come religioso,
que no levar non foi mui preguiçoso
cab' o altar u tangen-na canpãa
Santa Maria os enfermos sãa...

Do Corpus Domini. E viu estando
un om' ant' o altar, ben como quando
está o que diz missa consagrando
a hostia a costume romãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

E a destro viu estar da capela
de gran fremosura ha donzela,
que de faiçon e de coor mais bela
era que non ést' a nev' e a grãa,
Santa Maria os enfermos sãa...

Que lle fezo sinas que sse chegasse
ant' o preste e que ss' agollasse;
e ao preste fez que o catasse
a Virgen piedosa e louçãa,
Santa Maria os enfermos sãa...

Que lle meteu o dedo na orella
e tirou-ll' end' un vermen a semella
destes de sirgo, mais come ovella
era velos' e coberto de lãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

E tan toste oyr ouve cobrado
e foi-ss' a casa do monje privado,
e logo per sinas ll' ouve mostrado
que ja oya o galo e a rãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

Enton corrend' o monge como cerva
se foi a cas don Ponçe de Minerva
e disse: «Conde, non sei con qual erva
oe Pedr' e a orella lle mãa.»
Santa Maria os enfermos sãa...

Entonçe diss' el conde muit' agynna:
«M' ide polo que fez a meezinna,
ca ben leu é maestre de Meçinna,
ou de Salerna, a çizillãa.»
Santa Maria os enfermos sãa...

E depus esto, vernes madurgada,
levava vinn' e pan aa pousada
Pedro do monge, u fez sa passada
perant' a porta que é mais jusãa
Santa Maria os enfermos sãa...

Da ygreja; e ya pela mão
con el un preste. E viu ben de chão
Pedro vir a ssi un ome cão
ena cabeça, e a barva cãa,
Santa Maria os enfermos sãa...

Que o tirou contra ssi mui correndo
a foy-o ena eigreja metendo,
u viu a preto do altar seendo
a Virgen, d' Elisabet coirmãa,
Santa Maria os enfermos sãa...

Que mandou ao preste revestido
que lle fezera cobra-lo oydo,
que lle fezesse que logo guarido
fosse da lingua, que non dissess' «ãa».
Santa Maria os enfermos sãa...

Logo o que mandou ela foi feito,
ca o preste sabia de tal preito;
poren da lingua, ond' era contreito,
lle fez falar paravoa çertãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

E pois sãydad' ouve reçebuda,
diss' a gran voz: «Madre de Deus, ajuda
ao teu servo que á connoçuda
a ta graça», e cantou antivãa.
Santa Maria os enfermos sãa...

Quantos aqueste miragre souberon
a Santa Maria loores deron;
e tantos aa eigreja veeron
que non cabian y nena quintãa.
Santa Maria os enfermos sãa...