Cantigas de Santa Maria/LXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXVIII: A Groriosa grandes faz


Como Santa Maria avo as duas conbooças que se querian mal.

A Groriosa grandes faz
miragres por dar a nos paz.

E dest' un miragre direi
fremoso, que escrit' achei,
que fez a Madre do gran Rei,
en que toda mesura jaz,
A Groriosa grandes faz...

Pola moller dun mercador
que, porque seu marid' amor
avia con outra, sabor
dele perdia e solaz.
A Groriosa grandes faz...

E por esto queria mal
a ssa combooça mortal;
e Santa Maria sen al
rogava que lle déss' assaz
A Groriosa grandes faz...

Coita e mal, por que perder
lle fazia o gran prazer
que seu marido lle fazer
soya na vila d' Arraz.
A Groriosa grandes faz...

E pois fez esta oraçon,
adormeçeu-sse log' enton;
e dormindo viu en vijon
Santa Maria con grand' az
A Groriosa grandes faz...

D' angeos, que lle diss' assi:
«A ta oraçon ben oý;
mais pero non conven a mi
fazer crueza, nen me praz.
A Groriosa grandes faz...

Demais, aquela vay ficar
os gollos ant' o altar
meu e çen vezes saudar
me, põend' en terra sa faz.»
A Groriosa grandes faz...

Tan tost' aquela s' espertou
e fois-ss'; e na rua topou
cona outra, que sse deitou
ant' ela e disse: «Malvaz
A Groriosa grandes faz...

Demo foi, chus negro ca pez,
que m' este torto fazer fez
contra vos; mas ja outra vez
nono farei, pois vos despraz.»
A Groriosa grandes faz...

Assi a Virgen avir
fez estas duas, sen falir,
que x' ant' avian, sen mentir,
denteira come con agraz.
A Groriosa grandes faz...