Cantigas de Santa Maria/LXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXVI: Quantos en Santa Maria


Como Santa Maria fez a un bispo cantar missa e deu-ll'a vestimenta con que a dissesse, e leixou-lla quando se foi.

Quantos en Santa Maria
esperança an,
ben se porrá sa fazenda.

Os que m' oen cada dia
e que m' oyrán,
de grado lles contaria
miragre mui gran
dun bon bispo que avia
en Alverna, tan
santo que viu sen contenda,
Quantos en Santa Maria...

Na capela u jazia,
a do Bon Talan.
Vo con gran conpannia
desses que están
ante Deus e todavia
por nos rogarán
que el de mal nos defenda.
Quantos en Santa Maria...

E a seu destro tragia
sigo San Johan,
que ll' enton assi dizia
«Quaes cantarán
a missa que converria,
ou quaes dirán
toda a outra leenda?
Quantos en Santa Maria...

E dizede, quen seria
vosso capelan?»
E ela lle respondia:
«O bispo que man
aqui, que sempre perfia
fillou e affan
por mi en esta prebenda.»
Quantos en Santa Maria...

E logo pera el ya
e diss' ao san-
t' om': «Aquesta missa di-a,
e responderán
esta santa crerizia,
que ben saberán
responder-ti sen emenda.»
Quantos en Santa Maria...

O bispo, quand' est' oya,
logo manaman
as vestimentas pedia;
e taes llas dan
que ome non poderia
preça-las de pran
nen a conpra nen a venda.
Quantos en Santa Maria...

E pois que se revestia,
come sancristan
San Pedr' o sino tangia,
e os outros van
cantand', e el beizia
o vinn' e o pan
como a lee comenda.
Quantos en Santa Maria...

E pois a missa conpria
ben sen adaman,
diss' a Virgen: «Eu ir-m-ia,
e todos yr-ss-an;
mais o que ti eu dad' avia
nono levarán,
pois to dey por offerenda.»
Quantos en Santa Maria...