Cantigas de Santa Maria/LXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXI: Se muito non amamos


Como Santa Maria mostrou aa monja como dissesse brevement' «Ave Maria»

Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos,
a Sennor que nos mostra | de como a loemos.

E porend' un miragre | vos quero dizer ora
que fez Santa Maria, | a que nunca demora
a buscar-nos carreiras | que non fiquemos fora
do reyno de seu Fillo, | mais per que y entremos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

E direi da monja | que en un mõesteiro
ouve, de santa vida, | e fillava lazeiro
en loar muit' a Virgen, | ca un gran livr' enteiro
rezava cada dia, | como nos aprendemos,
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

De grandes orações | sempre, noites e dias.
E sen esto rezava | ben mil Ave Marias,
por que veer podesse | a Madre de Messias,
que os judeus atenden | e que nos ja avemos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Tod' aquesto dizia | chorando e gemendo,
e suspirava muito, | mais rezava correndo
aquestas orações. | E poren, com' aprendo,
viu a Santa Maria, | com' agora diremos,
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Dentro no dormidoiro | en seu leit' u jazia
por dormir mui cansada, | e pero non durmia.
Enton a Virgen santa | ali ll' apareçia,
Madre de Jhesu-Cristo, | aquel en que creemos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Quando a viu a monja, | espantou-se ja quanto,
mais a Virgen lle disse: | «Sol non prendas espanto,
ca eu soon aquela | que ás chamada tanto;
e sey ora mui leda, | e un pouco falemos.»
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Respos enton a monja: | «Virgen santa, Reynna,
como veer quisestes | ha monja mesquinna?
Esto mais ca mesura | foi, e porend' aginna
levade-nos convosco, | que sen vos non fiquemos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Disse Santa Maria: | «Esto farei de grado,
ca ja teu lugar tees | no Çeo apartado;
mais mentre fores viva, | un rezar ordinnado
che mostrarei que faças | ca ja que en sabemos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Se tu queres que seja | de teu rezar pagada,
u dizes la saude | que me foi enviada
pelo angeo santo, | di-a assessegada-
mente e non te coites; | ca certo che dizemos
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Que, quand' ouço u fala | como Deus foi comigo,
tan gran prazer ey ende, | amiga, que che digo
que enton me semella | que Deus Padr' e Amigo
e Fill' en nosso corpo | outra vez ben temos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

E poren te rogamos | que fílles tal maneyra
de rezares mui passo, | amiga companneyra,
e duas partes leixa | e di ben a terçeira,
de quant' ante dizias, | e mais t' end' amaremos.»
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Pois dit' ouv' esto, foi-sse | a Virgen groriosa.
E des enton a monja | sempre muit' omildosa-
mente assi dizia | como ll' a Piadosa
mostrara que dissesse, | daquesto non dultemos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...

Ca sempr' «Ave Maria» | mui ben e passo disse;
e quando deste mundo | quis Deus que se partisse,
fez levar a ssa alma | ao Çeo, u visse
a ssa beita Madre, | a que loores demos.
Se muito non amamos, | gran sandeçe fazemos...