Cantigas de Santa Maria/LXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXII: Quen diz mal


Como o demo matou a un tafur que deostou a Santa Maria porque perdera.

Quen diz mal
da Reynna Espirital,
log' é tal
que mereç' o fog' ynfernal.

Ca non pode dela dizer
mal, en que a Deus tanger
non aja, que quis naçer
dela por Natal.
Quen diz mal...

E desto vos quero contar
miragre que quis mostrar
Deus por sa Madre vingar
dun mui mentiral,
Quen diz mal...

Que ena taverna beveu
e aos dados perdeu
algu', e poren descreeu
mui descomunal-
Quen diz mal...

Mente; ca a Deus dostou
e sa Madre non leixou,
e en seus nenbros travou
come desleal.
Quen diz mal...

E u quis do ventre seu
dizer mal, morte lle deu
Deus come a fals' encreu
que de razon sal.
Quen diz mal...

Seu padre, quand' est' oyu,
de sa casa enton sayu;
na via un morto viu
ben d' i natural,
Quen diz mal...

Que lle disse atal razon:
«Teu fillo, mui mal garçon,
é mort' e en perdiçon,
que nunca mais fal;
Quen diz mal...

Non porque de Nostro Sennor
disse mal, mais que da Flor,
sa Madre, disse peor.
E poren sinal
Quen diz mal...

Te dou que o acharás
pelas costas tod' atras
partid', e ll' o cor verás
assi per ygual,
Quen diz mal...

Da testa e a serviz.
Porque da Emperadriz
disse mal, Deus foi joyz,
que pod' e que val.»
Quen diz mal...

E o padre foi log' ali
e achou seu fill' assi
como vos ja retraý,
ben oystes qual.
Quen diz mal...