Cantigas de Santa Maria/LXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXIII: Ben pod' as cousas feas fremosas tornar


Como Santa Maria tornou a casula branca que tingiu o vinno vermello.

Ben pod' as cousas feas fremosas tornar
a que pod' os pecados das almas lavar.

E dest' un miragre fremoso vos direi
que avo na Clusa, com' escrit' achei,
que fez Santa Maria; e creo e sei
que mostrou outros muitos en aquel lugar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

De monjes gran convento eran y enton
que servian a Virgen mui de coraçon;
un tesoureir' y era aquela sazon,
que Santa Maria sabia muit' amar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

E quando alga cousa ll' ia falir,
log' a Santa Maria o ya pedir,
e ela llo dava; porend' ena servir
era todo seu sis' e todo seu coidar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

Onde ll' avo que na festa de Natal,
que dizian os monges missa matinal,
fillou ha casula de branco çendal
pola yr põer enton sobelo altar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

E fillou na outra mão, com' aprendi,
vinno con que fezessen sacrifiç' ali;
e indo na carreira avo-ll' assi
que ouv' en ha pedra a entrepeçar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

E avo-ll' assi que quand' entrepeçou,
que do vinno sobrela casula 'ntornou,
que era mui vermello; e tal la parou
como se sangue fresco fossen y deitar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

E aquel vinn' era de vermella coor
e espessa tan muito que niun tintor
vermello non poderia fazer mellor,
e u caya nono podian tirar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

Quando viu o mong' esto, pesou-lle tant' en
que per poucas ouvera de perder o sen,
e diss' enton: «Ay, Madre do que nos manten,
Virgen Santa Maria, e ven-mi ajudar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

E non me leixes en tal vergonnna caer
com' esta, ca ja nunca, enquant' eu viver,
non ousarey ant' o abad' apareçer,
nen u for o convento ousarei entrar.»
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

Esto dizend' e chorando muito dos seus
ollos, acorreu-lle log' a Madre de Deus
e fez tal vertude, per que muitos romeus
veron de mui long' a casul' aorar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...

Ca u vermella era, tan branca a fez
que o non fora tanto da primeira vez.
Poren Santa Maria, Sennor de gran prez,
loaron quantos oyron desto falar.
Ben pod' as cousas feas fremosas tornar...