Cantigas de Santa Maria/LXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXIV


Como Santa Maria guareceu o pintor que o demo quisera matar porque o pintava feo.

Quen Santa Maria quiser deffender,
non lle pod' o demo niun mal fazer.

E dest' un miragre vos quero contar
de como Santa Maria quis guardar
un seu pintor que punnava de pintar
ela muy fremos' a todo seu poder.
Quen Santa Maria quiser defender...

E ao demo mais feo d' outra ren
pintava el sempr'; e o demo poren
lle disse: «Por que me tes en desden,
ou por que me fazes tan mal pareçer
Quen Santa Maria quiser defender...

A quantos me veen?» E el diss' enton:
«Esto que ch' eu faço é con gran razon,
ca tu sempre mal fazes, e do ben non
te queres per nulla ren entrameter.»
Quen Santa Maria quiser defender...

Pois est' ouve dit', o demo ss' assannou
e o pintor ferament' amaçou
de o matar, e carreira lle buscou
per que o fezesse mui çedo morrer.
Quen Santa Maria quiser defender...

Porend' un dia o espreytou aly
u estava pintando, com' aprendi,
a omagen da Virgen, segund' oý,
e punnnava de a mui ben compõer,
Quen Santa Maria quiser defender...

Por que pareçesse mui fremos' assaz.
Mais enton o dem', en que todo mal jaz,
trouxe tan gran vento como quando faz
mui grandes torvões e que quer chover.
Quen Santa Maria quiser defender...

Pois aquel vento na ygreja entrou,
en quanto o pintor estava deitou
en terra; mais el log' a Virgen chamou,
Madre de Deus, que o vess' acorrer.
Quen Santa Maria quiser defender...

E ela logo tan toste ll' acorreu
e fez-lle que eno pinzel se soffreu
con que pintava; e poren non caeu,
nen lle pod' o dem' en ren enpeeçer.
Quen Santa Maria quiser defender...

E ao gran son que a madeira fez
veron as gentes logo dessa vez,
e viron o demo mais negro ca pez
fogir da ygreja u ss' ya perder.
Quen Santa Maria quiser defender...

E ar viron com' estava o pintor
colgado do pinzel; e poren loor
deron aa Madre de Nostro Sennor,
que aos seus quer na gran coita valer.
Quen Santa Maria quiser defender...