Cantigas de Santa Maria/LXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXV: Omildade con pobreza


Como Santa Maria fez veer ao clerigo que era mellor pobreza con omildade ca requeza mal gãada con orgullo e con sobervia.

Omildade con pobreza
quer a Virgen corõada,
mais d'orgullo con requeza
é ela mui despagada.

E desta razon vos direi | un miragre mui fremoso,
que mostrou Santa Maria, | Madre do Rey grorioso,
a un crerigo que era | de a servir desejoso;
e poren gran maravilla | lle foi per ela mostrada.
Omildade con pobreza...

Ena vila u foi esto | avia un usureiro
mui riqu' e muit' orgullos' e | sobervi' e tortiçeiro;
e por Deus nen por sa Madre | non dava sol nen dinneiro,
e de seu corpo pensava | muit' e de sa alma nada.
Omildade con pobreza...

Outrosi en essa vila | era hua velloçinna
mui cativa e mui pobre | e de tod' aver mesquinna;
mais amava Jesu-Cristo | e a ssa Madr', a Rea,
mais que outra ren que fosse. | E con tant' era pagada
Omildade con pobreza...

Tan muito, que non preçava | deste mundo nimigalla;
e porend' en ha choça | morava, feita de palla,
e vivia das esmolnas | que lle davan; e sen falla
mui mais se pagaya desto | ca de seer ben erdada.
Omildade con pobreza...

E estando desta guisa, | deu a ela fever forte,
e outrosi ao rico, | per que chegaron a morte:
mais a vella aa Virgen | avia por seu conorte,
e o rico ao demo, | que lle deu morte coitada.
Omildade con pobreza...

Mais o capelan correndo, | quando soube com' estava
o rico, vo aginna, | porque del aver coidava
gran peça de seus dinneiros, | ca el por al non catava,
e diss': «Esta 'nfermedade | semella muit' aficada.
Omildade con pobreza...

E porend' eu vos consello | que fagades testamento,
e dad' a nossa ygreja | sequer çen marcos d'arento;
ca de quant' aqui nos derdes | vos dará Deus por un çento,
e desta guis' averedes | no Parayso entrada.»
Omildade con pobreza...

A moller, a que pesava | de que quer que el mandasse,
diss' ao crerigo toste | que daquesto se calasse,
ca seu marido guarria, | e que folga-lo leixasse,
entre tanto sa fazenda | averia ordinnada.
Omildade con pobreza...

Ao crerigo pesava | desto que ll' ela dizia,
mais por ren que lle dissese, | partir non s'ende queria;
e o ric' enton con sanna | mui bravo lle respondia:
«Na moller e enos fillos | ei mia alma ja leixada.»
Omildade con pobreza...

O crerig' assi estando | de sse non yr perfiado,
ha moça a el vo | que lle trouxe tal mandado
da vella como morria, | e que lle désse recado
com' ouvesse maenfesto | e que fosse comungada.
Omildade con pobreza...

Diss' el enton: «Vay-te logo, | ca ben vees com' eu fico
aqui con est' ome bõo | que é onrrad' e mui rico,
que non leixarei agora | pola vella que no bico
ten a mort' á mais dun ano, | e pero non é finada.»
Omildade con pobreza...

Quand' aquest' oyu a moça | da vella, foi-se correndo
e achó-a mui coitada | e cona morte gemendo,
e disse-ll': «Aquel moogo | non verrá, per quant' entendo,
nen per el, macar moirades, | non seredes soterrada.»
Omildade con pobreza...

Quand' est' entendeu a vella, | foi mui trist' a maravilla
e disso: «Santa Maria | Virgen, de Deus Madr' e Filla,
ven por mi' alm' e non pares | mentes a mia pecadilla,
ca non ey quen me comungue | e sõo desamparada.»
Omildade con pobreza...

En casa do ric' estava | un crerigo d' avangeo
que ao capelan disse: | «Vedes de que me reçeo:
se aquesta vella morre, | segund' eu entend' e creo,
será vos de Jesu-Cristo | a sa alma demandada.»
Omildade con pobreza...

E o capelan lle disse: | «Esto non me conselledes,
que eu leix' est' ome bõo; | mas id' y se ir queredes,
e de quant' alá gãardes, | nulla parte non me dedes.»
E o evangelisteiro | se foi logo sen tardada,
Omildade con pobreza...

E fillou o Corpus Cristi | e o caliz da ygreja;
e quando foi aa choça, | viu a que beyta seja,
Madre do que se non paga | de torto nen de peleja,
seend' aa cabeçeira | daquela vella sentada.
Omildade con pobreza...

E viu con ela na choça | ha tan gran claridade,
que ben entendeu que era | a Sennor de piadade.
E el tornar-se quisera, | mas disso-ll' ela: «Entrade
cono corpo de meu Fillo, | de que eu fui emprermada.»
Omildade con pobreza...

E pois entrou, viu a destro | estar has seys donzelas
vestidas de panos brancos, | muit' apostas e mais belas
que son lilios nen rosas, | mas pero non de conçelas,
outrosi nen d' alvayalde, | que faz a cara 'nrrugada.
Omildade con pobreza...

E siian assentadas | en palla, non en tapede;
e disse a Virgen santa | ao crerigo: «Seede,
e aquesta moller bõa | comungad' e assolvede,
como çed' a Parayso | vaa u ten ja pousada.»
Omildade con pobreza...

O crerigo, macar teve | que lle dizia dereito
a Virgen Santa Maria non quis con ela no leito
seer, mais fez aa vella | que se ferisse no peito
con sas mãos e dissesse: | «Mia culpa, ca fui errada.»
Omildade con pobreza...

E pois foi maenfestada, | Santa Maria alçó-a
con sas mãos, e tan toste | o crerigo comungó-a;
e desque foi comungada, | u xe jazia deitó-a,
e disse-ll' enton a vella: | «Sennor, nossa avogada,
Omildade con pobreza...

Non me leixes mais no mundo | e leva-me ja contigo
u eu veja o teu Fillo, | que é teu Padr' e amigo.»
Respos-lle Santa Maria: | «Mui çedo serás comigo;
mais quero que ant' un pouco | sejas ja quanto purgada,
Omildade con pobreza...

Por que tanto que morreres | vaas log' a Parayso
e non ajas outr' enpeço, | mais senpre goyo e riso,
que perdeu per sa folia | aquel rico de mal siso,
por que sa alma agora | será do demo levada.»
Omildade con pobreza...

E ao crerig' ar disse: | «Ide-vos, ca ben fezestes,
e muito sõo pagada | de quan ben aqui vestes;
e, par Deus, mellor consello | ca o capelan tevestes,
que ficou con aquel rico | por levar del gran soldada.»
Omildade con pobreza...

Enton o clerigo foi-se | a cas do rico maldito,
u o capelan estava | ant' el en gollo fito;
e ar viu a casa cha, | per com' eu achei escrito,
de diabos que veran | por aquel' alma julgada.
Omildade con pobreza...

Entonçe se tornou logo | aa choça u leixara
a vella, e viu a Virgen | tan fremosa e tan crara,
que o chamou con sa mão | como xo ante chamara,
dizendo: «Ja levar quero | a alma desta menguada.»
Omildade con pobreza...

Enton diss' aa vella: «Ven-te | ja comigo, ay amiga,
ao reyno de meu Fillo, | ca non á ren que che diga
que te log' en el non colla, | ca el dereito joyga.»
E tan tost' a moller bõa | foi deste mundo passada.
Omildade con pobreza...

E ao crerig' a Virgen | disse que mui ben fezera
e que mui ben s'acharia | de quanto ali vera,
demais faria-ll' ajuda | mui çed' en gran coita fera;
e pois aquest' ouve dito, | foi-s' a Benaventurada.
Omildade con pobreza...

E enquant' a Virgen disse, | sempr' o crerig' os gollos
teve ficados en terra, | chorando muito dos ollos;
e tornou-ss' a cas do rico, | e ouv' y outros antollos,
ca viu de grandes diabos | a casa toda çercada.
Omildade con pobreza...

E pois que entrou, viu outros | mayores que os de fora,
muit' espantosos e feos, | e negros mui más ca mora,
dizendo: «Sal acá, alma, | ca ja tenpo é e ora
que polo mal que feziste | sejas senpr' atormentada.»
Omildade con pobreza...

E a alm' assi dizia: | «Que será de min, cativa?
Mais valvera que non fosse | eu en este mundo viva,
pois ei de soffrer tal coita | no ynferno, tan esquiva,
agora a Deus prouguesse | que foss' en poo tornada.»
Omildade con pobreza...

Quand' o crerigo viu esto, | fillou-se-ll' ende tal medo,
que de perder-se ouvera; | mas acorreu-lle mui çedo
a Virgen Santa Maria, | que o tirou pelo dedo
fora daquel lugar mao, | como Sennor mesurada.
Omildade con pobreza...

E disse-lle: «Para mentes | en quant' agor' aqui viste
outrosi e ena choça, | ali u migo seviste;
que ben daquela maneira | que o tu tod' entendiste
o conta log' aas gentes | sen ninga delongada.»
Omildade con pobreza...

O clerigo fez mandado | da Virgen de ben conprida,
e mentre viveu no mundo | foi ome de santa vida;
e depois, quando ll' a alma | de sa carne foi saida,
levó-a Santa Maria; | e ela seja loada.
Omildade con pobreza...