Cantigas de Santa Maria/LXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXIX: Ay, Santa Maria


Como Santa Maria tornou a mena que era garrida, corda, e levó-a sigo a parayso.

Ay, Santa Maria,
quen se per vos guya
quit' é de folia
e senpre faz ben.

Porend' un miragre vos direi fremoso
que fezo a Madre do Rey grorioso,
e de o oyr seer-vos-á saboroso,
e prazer-mi-á en.
Ay, Santa Maria...

Aquesto foi feito por ha menynna
que chamavan Musa, que mui fremosinna
era e aposta, mas garridelinna
e de pouco sen.
Ay, Santa Maria...

E esto fazendo, a mui Groriosa
pareçeu-ll' en sonnos, sobejo fremosa,
con muitas meninnas de maravillosa
beldad'; e poren
Ay, Santa Maria...

Quisera-se Musa ir con elas logo.
Mas Santa Maria lle diss': «Eu te rogo
que, sse mig' ir queres, leixes ris' e jogo,
orgull' e desden.
Ay, Santa Maria...

E se esto fazes, d' oj' a trinta dias
seerás comig' entr' estas conpannias
de moças que vees, que non son sandias,
ca lles non conven.»
Ay, Santa Maria...

Atant' ouve Musa sabor das conpannas
que en vision vira, que leixou sas mannas
e fillou log' outras, daquelas estrannas,
e non quis al ren.
Ay, Santa Maria...

O padr' e a madre, quand' aquesto viron,
preguntaron Musa; e poys que ll' oyron
contar o que vira, merçee pediron
à que nos manten.
Ay, Santa Maria...

A vint' e seis dias tal fever aguda
fillou log' a Musa, que jouve tenduda;
e Santa Maria ll' ouv' apareçuda,
que lle disse: «Ven,
Ay, Santa Maria...

Ven pora mi toste.» Respos-lle: «De grado.»
E quando o prazo dos dias chegado
foi, seu espirito ouve Deus levado
u dos outros ten
Ay, Santa Maria...

Santos. E poren seja de nos rogado
que eno juyzo, u verrá irado,
que nos ache quitos d'err' e de pecado;
e dized': «amen.»
Ay, Santa Maria...