Cantigas de Santa Maria/LXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXVIII: Non pode prender nunca morte vergonnosa


Como Santa Maria guardou un privado do Conde de Tolosa que non fosse queimado no forno, porque oya sa missa cada dia.

Non pode prender nunca morte vergonnosa
aquele que guarda a Virgen gloriosa.

Poren, meus amigos, rogo-vos que m' ouçades
un mui gran miragre que quero que sabiades
que a Santa Virgen fez, per que entendades
com' aos seus servos é sempre piadosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E daquest' avo, gran temp' á ja passado,
que ouv' en Tolosa un conde mui preçado;
e aquest' avia un ome seu privado
que fazia vida come religiosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

Ontr' os outros bes muitos que el fazia,
mais que outra ren amave Santa Maria,
assi que outra missa nunca el queria
oyr erg' a sua, nen ll' era saborosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E outros privados que con el cond' andavan
avian-ll' enveja, e porende punnavan
de con el volve-lo, porque dessi cuidavan
aver con el conde sa vida mais viçosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E sobr' esto tanto con el conde falaron,
que aquel bon ome mui mal con el mezcraron;
e de taes cousas a el o acusaron,
per que lle mandava dar morte doorosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E que non soubessen de qual morte lle dava,
por un seu caleiro atan tost' enviava
e un mui gran forno encender llo mandava
de lenna mui grossa que non fosse fumosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E mandou-lle que o primeiro que chegasse
om' a el dos seus, que tan toste o fillasse
e que sen demora no forno o deitasse,
e que y ardesse a carne del astrosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

Outro di' el conde ao que mezcrad' era
mandó-o que fosse a veer se fezera
aquel seu caleiro o que ll' ele dissera,
dizend': «Esta via non te seja nojosa.»
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E u ele ya cabo de ssa carreira,
achou un' ermida que estava senlleira,
u dizian missa ben de mui gran maneira
de Santa Maria, a Virgen preçiosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E logo tan toste entrou ena ygreja
e diss': «Esta missa, a como quer que seja,
oyrei eu toda, por que Deus de peleja
me guard' e de mezera maa e revoltosa.»
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

Enquant' el a missa oya ben cantada,
teve ja el conde que a cous' acabada
era que mandara, e poren sen tardada
enviou outr' ome natural de Tolosa;
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E aquel om' era o que a mezcra feita
ouvera e toda de fond' a çima treita.
E disse-lle: «Logo vay corrend' e asseita
se fez o caleiro a justiça fremosa.»
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

Tan toste correndo foi-s' aquel fals' arteiro,
e non teve via, mas per un semedeiro
chegou ao forno; e logo o caleiro
o deitou na chama fort' e perigoosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

O outro, pois toda a missa ouv' oyda,
foi ao caleiro e disse-ll': «As comprid' a
voontade del conde?» Diss' el: «Sen falida,
se non, nunca faça eu mia vida goyosa.»
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

Enton do caleiro se partia tan toste
aquel ome bõo e per un gran recoste
se tornou al conde, e dentr' en sa reposte
contou-l' end' a estoria maravillosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

Quando viu el conde aquel que chegara
ant' ele viv', e soube de como queimara
o caleir' o outro que aquele mezcrara,
teve-o por cousa d'oyr muit' espantosa.
Non pode prender nunca morte vergonnosa...

E disse chorando: «Virgen, beita sejas,
que nunca te pagas de mezcras nen d'envejas;
poren farei ora per todas tas ygrejas
contar este feito e com' es poderosa.»
Non pode prender nunca morte vergonnosa...