Cantigas de Santa Maria/LXXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXI: Par Deus, tal sennor muito val


Como Santa Maria guareçeu a moller do fogo de San Marçal que ll' avia comesto todo o rostro.

Par Deus, tal sennor muito val
que toda door toll' e mal.

Esta sennor que dit' ei
é Santa Maria,
que a Deus, seu Fillo Rey,
roga todavia
sen al,
que nos guarde do ynfernal
Par Deus, tal ssenor muito val...

Fogo, e ar outrossi
do daqueste mundo,
dessi d' outro que á y,
com' oý, segundo
que fal',
alga vez por San Marçal,
Par Deus, tal ssenor muito val...

De que sãou ha vez
ben a Gondianda,
ha moller que lle fez
rogo e demanda
atal,
per que lle non ficou sinal
Par Deus, tal sennor muito val...

Daquele fogo montes
de que layda era,
onde tan gran dano pres
que poren posera
çendal
ant' a faz con coita mortal,
Par Deus, tal ssenor muito val...

De que atan ben sãou
a Virgen aquesta
moller, que logo tornou
ll' a carne comesta
ygual
e con sa coor natural,
Par Deus, tal ssenor muito val...

Tan fremosa, que enton
quantos la catavan
a Virgen, de coraçon
chorando, loavan,
a qual
é dos coitados espital.
Par Deus, tal ssenor muito val...