Cantigas de Santa Maria/LXXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXII: A Santa Maria mui bon servir faz


Como Santa Maria guardou un monge dos diaboos que o quiseran tentar e se lle mostraron en figuras de porcos polo fazer perder.

A Santa Maria mui bon servir faz,
pois o poder ela do demo desfaz.

Ond' avo desto que en Conturbel
fez Santa Maria miragre mui bel
por un monge bõo, cast' e mui fiel,
que viu de diabres vir mui grand' az.
A Santa Maria mui bon servir faz...

En seu leito, u jazia por dormir,
viu-os come porcos contra si vir
atan espantosos, que per ren guarir
non cuidava, e dizia-lles: «Az, az.»
A Santa Maria mui bon servir faz...

El assi estando en mui gran pavor,
viu entrar un ome negro de coor
que diss' aos porcos: «Log' a derredor
dele vos meted', e non dórmia en paz.»
A Santa Maria mui bon servir faz...

Eles responderon: «Aquesto fazer
queremos de grado, mais niun poder
de faze-lle mal non podemos ayer
por gran santidade que en ele jaz.»
A Santa Maria mui bon servir faz...

E aquel diabo lles respos assi:
«Pois vos non podedes, ar leixad' a mi,
que con estes garfios que eu trag' aqui
o desfarei, pero que trage frocaz.»
A Santa Maria mui bon servir faz...

O frad', est' oyndo, espantou-se mal
e chamou a Virgen, a que nunca fal
aas grandes coitas, dizendo-lle: «Val
me, ca de gran medo ei end' eu assaz.»
A Santa Maria mui bon servir faz...

E a Groriosa tan toste chegou
e ant' aquel frade logo se parou
e con ha vara mal amaçou
aquela companna do demo malvaz,
A Santa Maria mui bon servir faz...

Dizendo: «Como vos ousastes parar
ant' este meu frade neno espantar?
Poren no ynferno ide log' entrar
con vosso mal rey, mui peor que rapaz.»
A Santa Maria mui bon servir faz...

Quand' eles oyron aquesta razon,
como fumo se desfezeron enton;
e a Virgen santa mans' e en bon son
confortou o frade, dizend': «A mi praz
A Santa Maria mui bon servir faz...

A vida que fazes; e porende ben
fas d'oj' adeante que non leixes ren
de fazeres quant' a ta orden conven.»
Esto dito, tolleu-xe-lle d' ant' a ffaz.
A Santa Maria mui bon servir faz...