Cantigas de Santa Maria/LXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXIII: Aos seus acomendados


Como Santa Maria sacou de cativo de terra de mouros a un ome bõo que se ll' acomendara.

Aos seus acomendados
a Virgen tost' á livrados.

De mortes e de prijões;
e por aquesto, varões,
sempr' os vossos corações
en ela sejan firmados.
Aos seus acomendados...

E desto Santa Maria
de Sopetran fez un dia
miragr' en Andaluzia
a un que por seus pecados
Aos seus acomendados...

Fora caer en cativo,
u jazia tan esquivo,
que non cuidou sair vivo
ante marteiros dobrados
Aos seus acomendados...

Que lle davan e gran pa,
porque era de Luça.
Sen tod' est', en gran cada
de noite tras cadados
Aos seus acomendados...

Jazia e en escura
carçer e en gran ventura
de morrer. Poren na pura
Virgen tornou seus cuidados,
Aos seus acomendados...

Que en Sopetran aoran
muitos e ant' ela choran;
poren muito non demoran
que non sejan perdõados
Aos seus acomendados...

D' erros e de maos feitos;
demais çegos e contreitos
sãa, e gafos maltreitos
e muitos demoniados
Aos seus acomendados...

E d' outras enfermedades,
e que por sas piedades
saca de catividades
muitos, foss' el nos sacados.
Aos seus acomendados...

Este rogo lle fezera
muitas vezes e dissera,
u el preitejado era
por moravidis tallados
Aos seus acomendados...

Que pagar avia çedo.
E el jazend' en gran medo,
viu as portas abrir quedo
da carcer, e viu britados
Aos seus acomendados...

Seus ferros e que dormian
os que o guardar soyan,
que tan gran sono avian
que non eran acordados.
Aos seus acomendados...

El, quand' esto viu, ergendo
se foi pass', e pois correndo
fogiu e, segund' aprendo,
chegou a dias contados
Aos seus acomendados...

A Sopetran, cabo Fita.
E pois esta cousa dita
ouve, logo foi escrita
e muitos loores dados
Aos seus acomendados...

Aa Virgen groriosa,
Madre de Deus piadosa,
porque sempr' é poderosa
d' acorrer aos coitados.
Aos seus acomendados...