Cantigas de Santa Maria/LXXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXIV: O que en Santa Maria


Como Santa Maria resuscitou a moller do cavaleiro, que se matara porque lle disse o cavaleiro que amava mais outra ca ela; e dizia-lle por Santa Maria.

O que en Santa Maria | crever ben de coraçon
nunca reçeberá dano | nen gran mal nen ocajon.

E daquest' un gran miragre | oyd' ora, de que fix
un cantar da Virgen santa, | que eu dun om' aprix,
e ontr' os outros miragres | porende mete-lo quix,
porque sei, se o oyrdes, | que vos valrrá un sermon.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

Esto foi dun cavaleiro | que casad' era mui ben
con dona men' e bela, | que amou mais d' outra ren,
e ela a el amava | que xe perdia o sen;
e do mal que dest' avo | vos contarei a razon.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

O cavaleir' era bõo | de costumes e sen mal,
e mais d' outra ren amava | a Virgen espirital;
e por esto de sa casa | fezera un gran portal
ben atro ena ygreja, | por ir fazer oraçon.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

Porque aquela ygreja | era da Madre de Deus,
cada noite s' esfurtava | de sa moller e dos seus
e ant' a omagen ss' ya, | dizend': «Os pecados meus
son muitos, mas per ti creo | gaannar deles perdon.»
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

El aquest' assi dizendo, | sa moller mentes parou
en como se levantava | e de mal o sospeitou,
e por aquesta sospeita | ha vez lle preguntou:
«U ides assi, marido, | de noite come ladron?»
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

El enton assi lle disse: | «Non sospeitedes de mi,
que vos niun torto faço | nen fiz des quando vos vi.»
A moller enton calou-se, | que lle non falou mais y;
e pero parou y mentes | senpre mui mais des enton.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

Ond' avo pois un dia | que siian a seu jantar;
e pois ouveron jantado, | começou-ll' a preguntar
a dona a seu marido | muito e a conjurar
se el amava mais outra, | que dissesse si ou non.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

El lle respos, com' en jogo: | «Pois vos praz, dizer-vo-l-ei:
outra dona mui fremosa | amo muit' e amarei
mais d' outra cousa do mundo | e por seu sempr' andarei.»
A dona tornou por esto | mais negra que un carvon;
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

E tomou log' un coitelo, | con que tallavan o pan,
e deu-se con el no peito | ha ferida atan
grande que, sen outra cousa, | morreu logo manaman.
Diss' enton o cavaleiro: | «Ay Deus, que maa vijon!»
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

E fillou sa moller logo | e deitó-a, sen mentir,
en seu leito e cobriu-a, | e non quiso que sayr
podess' ome de sa casa; | e a porta foi abrir
da ygreja e correndo | entrou y de gran randon.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

E parou-ss' ant' a omagen | e disso assi: «Sennor,
mia moller que muit' amava | perdi polo teu amor;
mais tu, Sennor, que sofriste | gran coita e gran door
por teu Fillo, dá-mia viva | e sãa ora en don.»
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

El assi muito chorando, | a Virgen ll' apareçeu
e diss' ao cavaleiro: | «O meu Fillo reçebeu
o rogo que me feziste | e a ta moller viveu
pola ta firme creença | e por ta gran devoçon.»
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

El enton tornou-sse logo | e foi sa moller veer,
e ach-a viv' e sãa | e ouv' en mui gran prazer.
Enton el e sa companna | começaron beizer
a Virgen Santa Maria, | cantando en mui bon son.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...

El mandou abri-las portas | e as gentes vir fez,
que vissen aquel miragre, | que a Reynna de prez
fezera daquela dona; | mas log' ambos, dessa vez,
por mellor servir a Virgen, | fillaron religion.
O que en Santa Maria | crever ben de coraçon...