Cantigas de Santa Maria/LXXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXV: Pera toller gran perfia


Como Santa Maria livrou de morte un judeu que tiinnan preso hus ladrões, e ela soltó-o da prijon e feze-o tornar crischão.

Pera toller gran perfia
ben dos corações,
demostra Santa Maria
sas grandes visiões.

Onde direi un miragre que en Englaterra
demostrou Santa Maria, a que nunca erra,
por converter un judeu que prenderan ladrões,
a que chagas grandes deran e pois torçillões.
Pera toller gran perfia...

Os ladrões que fezeron est' eran crischãos;
e poi-lo ouveron feito, ataron-ll' as mãos
e os pees e deron-lle muitas con bastões,
que lles esterlis désse, ca non pipiões.
Pera toller gran perfia...

Desta guisa o teveron fora do camo
atad' en ha gran casa vella, o mesquinno;
e deron-lle pan e agua aqueles peões,
en tal que lles non morress' e ouvessen quinnões
Pera toller gran perfia...

Do seu aver. Mais el conas pas que sofria
adormeçeu, e en sonnos viu Santa Maria
mais fremosa que o sol; e logo ll' as prijões
quebrantou, e foi guarido de todas lijões.
Pera toller gran perfia...

E pois que sonnou aquesto, foi logo desperto,
ar viu-a espert' estando, de que foi ben çerto;
e por saber mais quen era, fez sas orarções
que lle dissesse seu nome, e dar-ll-ia dões.
Pera toller gran perfia...

E ela lle disse logo: «Para-mi ben mentes,
ca eu sõo a que tu e todos teus parentes
avedes mui gran desamor en todas sazões,
e matastes-me meu Fillo come mui felões.
Pera toller gran perfia...

E poren mostrar-te quero o ben que perdedes
e o mal que, pois morrerdes, logo averedes,
que en min e en meu Fillo vossas entenções
tornedes e reçebades bõos gualardões.»
Pera toller gran perfia...

Enton o pres pela mão e tiró-o fora
dali, e sobr' un gran monte o pos essa ora
e mostrou-lle un gran vale cho de dragões
e d' outros diabos, negros mui mais que carvões,
Pera toller gran perfia...

Que mais de çen mil maneiras as almas peavan
dos judeus, que as cozian e pois ar assavan
e as fazian arder assi como tições,
e queimando-lle-las barvas e pois os grinões.
Pera toller gran perfia...

Quand' o judeu viu aquesto, foi end' espantado;
mais tan toste foi a outro gran monte levado
u viu seer Jesu-Cristo con religiões
d' angeos, que sempre cantan ant' el doçes sões.
Pera toller gran perfia...

E viu de muitas maneiras y santas e santos
muit' alegres, que cantavan saborosos cantos,
que rogan polos crischãos que Deus d' ocajões
os guarde e do diab' e de sas tentações.
Pera toller gran perfia...

Santa Maria lle disse, pois est' ouve visto:
«Estes son meus e de meu Fillo, Deus Jesu-Cristo,
con que seras se creveres en el e leytões
comeres e leixares a degolar cabrões.»
Pera toller gran perfia...

Pois que Santa Maria lle diss' este fazfeiro,
leixó-o; e el foi-sse log' a un mõesteiro
u achou un sant' abade con seus conpannões,
que partiron mui de grado con el sas rações.
Pera toller gran perfia...

E pois que ant' o convento contou quanto vira,
o abad' o fez crischão logo sen mentira;
e deste feito foron pelas terras pregões,
por que a Santa Maria deron ofreções.
Pera toller gran perfia...