Cantigas de Santa Maria/LXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXVI: Acorrer-nos pode e de mal guardar


Como Santa Maria livrou a moller prenne que non morresse no mar e fez-lle aver fillo dentro nas ondas.

Acorrer-nos pode e de mal guardar
a Madre de Deus, se per nos non ficar.

Acorrer-nos pode quando xe quiser
e guardar de mal cada que lle prouguer,
ben como guardou ha pobre moller
que cuidou morrer enas ondas do mar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

Eno mar que cerca o mund' arredor,
na terra que chaman Bretanna Mayor,
fez a Santa Madre de Nostro Sennor
un gran miragre que vos quero contar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

O miragre foi muit' apost' e mui bel
que Santa Maria fez por San Miguel,
que é conpanneiro de San Gabriel,
o angeo que a vo saudar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

De San Migael, o angeo de Deus,
era un' ermida, u muitos romeus
yan y rogar polos pecados seus,
que Deus llos quisesse por el perdõar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

O logar era de mui gran devoçon,
mas non podia om' alá ir, se non
menguass' ant' o mar, ca en outra sazon
non podia ren en sayr nen entrar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

E porend' un dia avo assi
que ha moller prenne entrou per i;
mais o mar creçeu e colleu-a ali,
non se pod' yr, tanto non pod' andar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

A pobre moller, macar quis, non fogiu,
ca o mar de todas partes a cobriu;
e pois s' a mesquinna en tal coita viu,
começou Santa Maria de chamar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

A moller sen falla coidou a fir
quando viu o mar que a vo cobrir;
e demais chegou-ll' o tenpo de parir,
e por tod' esto non cuidou escapar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

Mais a Santa Virgen que ela rogou
oyu-lle seu rog', e tan toste chegou
e a sua manga sobr' ela parou
que a fez parir e as ondas quedar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...

Pois Santa Maria, a Sennor de prez,
este miragre daquela moller fez,
con seu fill' a pobre se foi essa vez
log' a San Miguel o miragre mostrar.
Acorrer-nos pode e de mal guardar...