Cantigas de Santa Maria/LXXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXVII


Como Santa Maria mandou que fezessen bispo ao crerigo que dizia sempre sas oras.

Muito punna d' os seus onrrar
sempre Santa Maria.

E desto vos quero contar
un gran miragre que mostrar
quis a Virgen que non á par,
na çidad' de Pavia.
Muito punna d' os seus onrrar...

Un crerig' ouv' i sabedor
de todo ben e servidor
desta groriosa Sennor
quant' ele mais podia.
Muito punna d' os seus onrrar...

D' onrrar os seus á gran sabor
sempre Santa Maria.
Muito punna d' os seus onrrar...

Ond' avo que conteçeu,
poi-lo bispo dali morreu,
a un sant' om' apareçeu
a Virgen que nos guya.
Muito punna d' os seus onrrar...

Aos seus onrrou e ergeu
sempre Santa Maria
Muito punna d' os seus onrrar...

E pois lle foi apareçer,
começou-ll' assi a dizer:
«Vay, di que façan esleer
cras en aquele dia
Muito punna d' os seus onrrar...

Os seus faz onrrados seer
sempre Santa Maria.
Muito punna d' os seus onrrar...

Por bisp' un que Jeronim' á
nome; ca tanto sey del ja
que me serve e servid' á
ben, com' a mi prazia.»
Muito punna d' os seus onrrar...

Os seus onrrou e onrrará
sempre Santa Maria.
Muito punna d' os seus onrrar...

Poi-lo sant' ome s' espertou,
ao cabidoo contou
o que ll' a Virgen nomeou
que por bispo queria.
Muito punna d' os seus onrrar...

D' os seus onrrar muito punnou
sempre Santa Maria.
Muito punna d' os seus onrrar...

Acordados dun coraçon
fezeron del sa esleyçon,
e foi bisp' a pouca sazon,
ca ben o mereçia.
Muito punna d' os seus onrrar...

Os seus onrrou con gran razon
sempre Santa Maria.
Muito punna d' os seus onrrar...