Cantigas de Santa Maria/LXXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXVIII: Quen servir a Madre do gran Rey


Como Santa Maria fez a un fisico que se metera monje que comesse das vidas que os outros monjes comian, que a el soyan mui mal saber.

Quen servir a Madre do gran Rey,
ben sei
que será de mal guardado,
com' ora vos contarey.

En un miragre de grado,
segund' eu oý contar,
que no mõesteir' onrrado
de Claraval foi entrar
un monje mui leterado,
que sabia ben obrar
de fisica, com' achey.
Quen servir a Madre do gran Rey...

E porque acostumado
fora de mui ben jantar
ante que foss' ordinnado,
e outrosi ben car
e comer carn' e pescado
e bon vinno non leixar
nen bon pan, com' apres' ei,
Quen servir a Madre do gran Rei...

Porend' era mui coitado
en aver a jejar
e comer verças de prado
sen sal nen pont' y deitar,
e bever vinno botado
e por bon pan non catar.
E sobr' esto vos direi
Quen servir a Madre do gran Rei...

Que fez este malfadado:
Con coita e con pesar
de que era lazerado,
conos monjes foi falar
e disse-lles: «Est' estado
vos non podedes durar,
segundo vos mostrarei:
Quen servir a Madre do gran Rei...

Ca non á tan arrizado
de vos que possa cantar
se muit' ouver jajado,
nen ss' aas oras levar,
se comer non lle for dado
que o faça esfoçar;
porend' eu d' aqui ir-m-ei.»
Quen servir a Madre do gran Rei...

Dizend' aquesto, torvado
ouve tod' aquel logar
e o convent' abalado
con seu mao sermõar,
que era ja arrufado
por comeres demandar
que defend' ordin e lei.
Quen servir a Madre do gran Rey...

Mas un dia sinaado
en que Deus quis encarnar,
o convento foi levado
de comer, e a rezar
se fillaron ben provado
por aa eigreja passar
con seu «Miserere mei».
Quen servi-la Madre do gran Rei...

Aquel mong' ya irado
e nonos quis ajudar,
ca non fora avondado
nen se podera fartar;
e ynd' assi, viu de lado
cabo da porta estar
a Virgen de que falei,
Quen servi-la Madre do gran Rei...

Que tev' un vaso dourado
cho de nobre manjar
dun leitoairo preçado,
de que sse fillou a dar
a cada monge bocado,
con que os foi confortar,
erg' a este que dit' ei,
Quen servi-la Madre do gran Rei...

Que dela non foi amado,
porque queria obrar
per Yprocras o loado;
poren o foi desdennar
quand' o gollo ficado
ouv' ant' ela e rogar
foi. E diss': «Eu que farei?»
Quen servi-la Madre do gran Rei...

Diss' ela: «Non é penssado
que desto possas fillar,
se non leixas teu cuidado
fol que te faz mal cuidar.»
Enton se deu por culpado
muit' e fillou-ss' a chorar
e disse: «Leixa-lo-ei.»
Quen servi-la Madre do gran Rey...

Do leitoairo sagrado
lle deu logo sen tardar,
e des i foi castigado
por comer non murmurar;
e com' om' escarmentado
en todo foi emendar.
Aqui vo-lo acabey.
Quen servi-la Madre do gran Rei...