Cantigas de Santa Maria/LXXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga LXXXIX: A Madre de Deus onrrada


Esta é como ha judea estava de parto en coita de morte, e chamou Santa Maria e logo a aquela ora foi libre.

A Madre de Deus onrrada
chega sen tardada
u é con fe chamada.

E un miragre disto
direi que fez a groriosa
Madre de Jhesu Cristo,
a Rea mui piadosa,
por ha jude' astrosa
que era coitada
e a morte chegada.
A Madre de Deus onrrada...

Ca o prazo chegado
era en que parir devia,
mas polo seu peccado
aquesto fazer non podia,
porque de Santa Maria
non creya nada
que verdad' é provada.
A Madre de Deus onrrada...

Ela assi jazendo,
que era mais morta ca viva,
braadand' e gemendo
e chamando-sse mui cativa,
con tan gran door esquiva,
que desanparada
foi; e desasperada
A Madre de Deus onrrada...

Era ja d' aver vida
nen lle prestaren meezas.
Porend' a mui comprida
Rea das outras reas,
acorredor das mesquinnas,
sen gran demorada
ll' ouve log' enviada
A Madre de Deus onrrada...

Tamanna craridade
ben come se o sol entrasse
aly; e de verdade
lle diss' ha voz que chamasse
de coraçon e rogasse
a santivigada
a benaventurada
A Madre de Deus onrrada...

Madre de Deus con rogo,
que é cha de gran vertude.
E ela o fez logo,
e ouve fillo e saude,
porque cedo, se mi ajude
Deus, foi delivrada
e a ssa madre dada.
A Madre de Deus onrrada...

Pois Maria oyron
as judeas que a guardavan
chamar, todas fugiron
da casa e a dostavan
e «ereja» a chamavan
muit' e «renegada»
e «crischãa tornada.»
A Madre de Deus onrrada...

Mais ela, por peleja
non aver con essas sandias,
dereit' aa eigreja
se foi depo-los treinta dias,
que non atendeu Messias,
mais de-la entrada
foi logo batiçada.
A Madre de Deus onrrada...

E trouxe dous menynnos
sig' aquel fill' e ha filla;
e macar pequenos
eran, por los de peccadilla
tirar, en Santa Cezilla,
na pia sagrada,
os fez dessa vegada
A Madre de Deus onrrada...

Ambos fazer crischãos,
contando como ll' avera
do fill' e como sos
seus nenbros todos ll' enton dera
Santa Maria; e fera-
mente foi amada
por aquest' e loada.
A Madre de Deus onrrada...