Cantigas de Santa Maria/XC

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XC: Sola fusti, senlleira


Esta é de loor de Santa Maria.

Sola fusti, senlleira,
Virgen, sen conpanneira.

Sola fuste, senlleira,
u Gabriel creviste,
e ar sen conpanneira
u a Deus concebiste
e per esta maneira
o demo destroiste.
Sola fusti, senlleira...

Sola fusti, senlleyra,
ena virgidade,
e ar sen companneira
en ter castidade;
e per esta maneira
jaz o demo na grade.
Sola fusti, senlleira...

Sola fusti, senlleyra,
en seer de Deus Madre,
e ar sen conpanneyra
seend' el Fill' e Padre;
e per esta maneira
ten o dem' en vessadre.
Sola fusti, senlleira...

Sola fusti, senlleyra,
dada que a nos vallas,
e ar sen companneyra
por toller nossas fallas;
e per esta maneyra
jaz o demo nas pallas.
Sola fusti, senlleira...

Sola fusti, senlleyra,
en seer de Deus ama,
e ar sen companneyra
en valer quen te chama;
e per esta maneyra
jaz o demo na lama.
Sola fusti, senlleira...