Cantigas de Santa Maria/XCI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XCI:A Virgen nos dá saud'


Como Santa Maria deceu do ceo en ha eigreja ante todos e guareceu quantos enfermos y jazian que ardian do fogo de San Marçal.

A Virgen nos dá saud' | e tolle mal,
tant' á en si gran vertud' | esperital.

E poren dizer-vos quero
entr' estes miragres seus
outro mui grand' e mui fero
que esta Madre de Deus
fez, que non poden contradizer judeus
nen ereges, pero queiran dizer al.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

Aquest' avo en França,
non á y mui gran sazon,
que os omes por errança
que fezeran, deu enton
Deus en eles por vendeita cofojon
deste fogo que chaman de San Marçal.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

E braadand' e gemendo
fazian-ss' enton levar
a Saixon logo correndo
por ssa saud' y cobrar,
cuidand' en todas guisas y a sãar
pela Virgen, que aos coitados val.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

E era de tal natura
aquel mal, com' aprendi,
que primeiro con friura
os fillava, e des i
queimava peyor que fogo; e assi
sofrian del todos gran coita mortal.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

Ca os nembros lles cayan,
e sol dormir nen comer
per nulla ren non podian
nen en seus pees s' erger,
e ante ja querrian mortos seer
que sofrer door atan descomal.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

Porend' ha noit' avo
que lume lles pareceu
grande que do ceo vo,
e log' enton decendeu
Santa Maria, e a terra tremeu
quando chegou a Sennor celestial.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

E os omees tal medo
ouveron, que a fugir
se fillaron, e non quedo,
mais quanto podian ir;
e ela fez log' os enfermos guarir
como Sennor que enas coitas non fal
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...

A quena chama, fiando
no seu piadoso ben,
ca ela sempre ven quando
entende que lle conven.
Porend' a esses enfermos nulla ren
non leixou do fogo, nen sol un sinal.
A Virgen nos dá saud' | e tolle mal...