Cantigas de Santa Maria/XCIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XCIX: Muito sse deven ter


Como Santa Maria destruyu un gran poboo de mouros que entraran ha vila de crischãos e querian desfazer as ssas omages.

Muito sse deven ter
por gentes de mal recado
os que mal cuidan fazer
aa de que Deus foi nado.

Dest' un miragre dizer
vos quero e retraer,
ond' averedes prazer
pois l' ouverdes ascuitado,
de que devedes aver
end' aa Virgen bon grado.
Muito sse deven ter...

Mouros foron con poder
ha cidade prender
de crischãos e romper
dela o logar sagrado
e o altar desfazer,
u Deus era aorado,
Muito sse deven ter...

E as omages toller
das paredes e raer
a quant' eles abranger
podian per seu peccado,
que non prendian lezer
de as danar mui privado.
Muito sse deven ter...

Ha viron y seer
e mais bela parecer
das outras, e a correr
aquel poboo yrado
se fillou pola querer
destroir; mas en dõado
Muito sse deven ter...

Foron esto cometer,
ca lle-lo non quis sofrer
a Madre do que morrer
quis por nos crucifigado.
E poren s' ouv' a perder
aquel poblo malfadado,
Muito sse deven ter...

Que punnavan de ss' erger
pola britar e mover;
mas foron y falecer,
ca esto foi ben provado
que por ferir nen tanger
sol sinal non foi mostrado.
Muito sse deven ter...

E cuidaron perecer
todos e aly morrer,
e ouveron a saber
que era Deus despagado
en cuidar escarnecer
aquel logar tan onrrado.
Muito sse deven ter...