Cantigas de Santa Maria/XCVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XCVIII: Non dev' a Santa Maria


Como ha moller quis entrar en Santa Maria de Valverde e non pude abrir as portas aten que sse mãefestou.

Non dev' a Santa Maria | mercee pedir
aquel que de seus pecados | non se repentir.

Desto direy un miragre | que contar oý
a omees e molleres | que estavan y,
de como Santa Maria | desdennou assi
ante todos ha dona | que fora falir.
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...

E o falimento fora | grand' e sen razon;
e porque ss' en non doya | en seu coraçon,
pero a Santa Maria | foi pedir enton
que entrass' en sa eigreja, | non quis consentir.
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...

Aquesto foi en Valverde, | cabo Monpisler,
u faz a Virgen miragres | grandes quando quer,
u vo aquesta dona, | mui pobre moller,
por entrar ena eigreja; | mas non pod' abrir
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...

As portas per nulla guisa | que podess' entrar;
e entravan y os outros, | dous e tres a par.
Quand' aquesto viu a dona, | fillou-ss' a chorar
e con coita a cativa | sas faces carpir,
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...

Dizendo: «Santa Maria, | tu, Madre de Deus,
mui mais son as tas mercees | que peccados meus;
e fas-me, Sennor, que seja | eu dos servos teus
e que entre na eigreja | tas oras oyr.»
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...

Pois que aquest ouve dit' e | sse mãefestou
e do mal que feit' avia | muito lle pesou,
enton as portas abertas | vyu, e log' entrou
na eigreja muit' aga. | E esto gracir
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...

Foi ela e muita gente | que aquesto viu.
E sempr' ela en sa vida | a Virgen serviu
e nunca des aquel' ora | daly sse partyu,
ante punnou todavia | d' a Virgen servir.
Non dev' a Santa Maria | mercee pedir...