Cantigas de Santa Maria/XCVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XCVII: A Virgen sempr' acorrer


Como Santa Maria quis guardar de morte un privado dun rey que o avian mezcrado.

A Virgen sempr' acorrer,
acorrer
vai o coitad', e valer,
e valer.

Dest' un miragre vos contarey
que en Canete, per com' achey,
a Virgen por un ome dun Rey
fez, que mezcraran, com' apres' ey;
e ben sey
que o cuidaran a fazer morrer.
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

De tal guisa o foron mezcrar,
que o mandou log' el Rei chamar
ante si. Mas el con gran pesar
e con coita fillou-ss' a chorar
e rogar
a Virgen quanto mais podo fazer.
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

Demais un rico pano y deu
na eigreja e fezo-sse seu
ome da Virgen, com' aprix eu;
e est' avia nome Mateu,
a ben leu
pode-l-an en cas del Rei connocer.
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

E pois na eigreja pos seu don
e fez chorando ssa oraçon,
meteu-sse ao cam' enton
con mui gran med' en seu coraçon,
de lijon
ou de morte por tal mezcra prender.
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

E quand' u era el Rei chegou,
seus omes por el log' enviou;
mas aa Virgen se comendou
muit' el; des i ant' el Rei entrou
e parou
s' e pois começou-ll' assi a dizer:
A Virgen senpr' acorrer, acorrer...

«Sennor, vos enviastes por mi,
e tanto que vossa carta vi
vin quanto pud', e áque-m' aqui.»
E el Rei logo respos-ll' assi,
com, oý:
«Ha ren querria de vos saber,
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

Se é verdade que tanto mal
fezestes, e tan descomunal,
como mi dizen.» Respos el: «Qual?»
El Rey contou-lle: «Tal e atal.»
Diss' el: «Val-
me, Santa Maria, con teu poder!
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

Esto que vos disseron, Sennor,
mentira foi, non vistes mayor;
e se a vossa mercee for,
meted' y un voss' enqueredor,
e mellor
podedes per y o feit' entender.»
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

Respos el Rei: «Daquesto me praz,
e tenno que comprides assaz
e faze-lo quer', u al non jaz.»
E meteu y un ome de paz
que viaz
fosse daquest' a verdad' enquerer.
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

Est' ome punnou toste de ss' ir
e fez gente da terra vir,
que foron o feito descobrir
da verdad' e de quanto mentir
e falir
foran al Rey. E fez-lo escrever
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

E enviou-llo. E pois abriu
el Rei aquel escrito e vyu
que ll' end' a verdade descobriu,
log' enton todo mui ben sentiu
e cousiu
que falssidade foran apõer
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...

A aquel om'. E logo poren
lle perdõou e fez-lle gran ben,
e os mezcradores en desden
tev' e nunca por eles deu ren,
e des en
nonos ar quis de tal feito creer.
A Virgen sempr' acorrer, acorrer...