Cantigas de Santa Maria/XCVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XCVI: Atal Sennor


Como Santa Maria guardou a alma dun ome bõo que sse non perdesse, ca o avian escabeçado ladrões, e fez que se juntassen o corpo e a testa e sse maenfestasse.

Atal Sennor
é bõa que faz salva-lo pecador.

Aquesto dig' eu por Santa Maria,
a que muito pesa de quen folia
faz, e que maneyra busca e via
que non cáia ome dun err' en peyor.
Atal Sennor...

Dest' un miragre vos darei recado,
que a Virgen fez fremos' e preçado;
e se eu poder, per mi vos mostrado
será, por que ajades dele sabor.
Atal Sennor...

Esto foi dun ome que feit' ouvera
prazer aa Virgen quant' el podera;
mais pedença prender non quisera
per conssello do demo enganador.
Atal Sennor...

El assi andand', un dia passava
per un gran mont' u conpanna estava
de ladrões con u que andava
con eles, que era de todos mayor.
Atal Sennor...

E quand' est' ome viron, se leixaron
correr log' a el; e poi-lo fillaron
fora do cam', o escabeçaron
por mandado daquel mao roubador.
Atal Sennor...

Dali fogiron poi-lo feit' ouveron.
E a quarto dia per y veron
dous frades mores, e vozes deron
o corp' e a testa, ond' eles pavor
Atal Sennor...

Ouveron; e meteron ben femença
com' as vozes dizian: «Pedença
nos dade, por Deus e por sa creença,
por que non soframos pa nen door.»
Atal Sennor...

Primeir' os frades foron espantados
do que oyron; mas pois acordados
foron, a test' e o corpo juntados
viron, e disseron: «Polo Salvador,
Atal Sennor...

Vos, corp' e testa, por Deus conjuramos
que per vos desto verdade sabiamos.»
Respos a cabeça: «Ja outorgamos
per que cada u seja en sabedor
Atal Sennor...

De vos.» E contou como o mataran
e come diabres alma cuidaran
levar que sen confisson acharan.
«Mas non quis a Virgen, das outras mellor,
Atal Sennor...

Que per nulla ren o demo levasse
mia alma, mais que a testa tornasse
a meu corpo, e que me confessasse;
e ela des i foi mia aguardador.»
Atal Sennor...

Quand' est' oyron, logo mantenente
fezeron os frades vir gran gente,
e confessou-sse verdadeyramente
ant' eles e disse: «Amigos, se for
Atal Sennor...

Vosso prazer, rogo-vos que roguedes
a Deus por mi e me ll' acomendedes,
ca bes aqui vos me veeredes
ora jazer morto e sen coor.»
Atal Sennor...

Bes assi com' el disse foi feito
e o seu corpo tan toste desfeyto;
e os omees, pois viron tal preito,
aa Virgen deron poren gran loor.
Atal Sennor...